Aqui deixo un vídeo realizado para o meu primo Javi e a súa moza Iria, bueno agora xa é a súa muller xa que o vídeo sirveu como sorpresa dos noivos aos invitados o día da súa voza. A canción escoulleuna el mesmo coa intención de buscar o máximo cachondeo e penso que se acadou o obxectivo.
Si, xa sei que xa levan tempo os vídeos do Rali en Youtube pero o motivo deste post é que estreamos a canle do Rali de Carretillas. E a estrea foi cos dous vídeos que veñen a continuación.
Despois de tanto tempo sen escribir podería ter feito algo máis elaborado pero… eche o que hai meu!
O pasado 25 de Agosto Marta e máis eu fixemos unha parada en Combarro, un deses lugares que hai que visitar pero que como estan tan pretiño da casa sempre se deixan para máis tarde. Ben, pois ese día aproveitei para levar a miña cámara e saciar a miña fame fotográfica, e tiven sorte. Nada máis chegar, atopamos unhas barcas abandoadas polo seu dono e convertíronse nas protagonistas principais da miña pequena reportaxe.
Videoclip que resume a xornada de Malla Tradicional celebrada en Codeseda (Doade, Lalín). Gravouse o vídeo para obter imaxes de arquivo e aproveitei para facer esta pequena montaxe, está colgado na conta de Vimeo de Lucanus.
Pequeno vídeo «experimental» gravado na festa da Santa María de Arnego onde a máxima atracción son estes fogos de artificio que, inda que sexa un pouco pequenos, contan cun entorno envexable, para o ano buscarei un ángulo mellor que me permita ver os reflexos na auga. Agardo que vos guste.
Aqui deixo o vídeo da viaxe a Irurtzun onde nunha intensa fin de semana non só participamos na Cronoescalada de Carretillas 2010 se non que tivemos a oportunidade de coñecer a unha xente estupenda.
«Existen personas nas nosa vidas que nos fan felices pola simple casualidade de cruzarense no noso camiño.» (J.L. Borges)
Fai anos xa que desexaba poder vestirme unha steadicam, gracias á Asociación Senunpeso de Vedra, que organizou un obradoiro de steady no Lav10, puiden realizar ese soño. E gustoume.
Aquí deixo un vídeo que realizou Gutier a modo de «making of» durante o obradoiro.
E o mellor foron tanto o profesor coma os compañeiros do curso, profesionais e estudantes do sector audiovisual cos que houbo en todo momento moi bo rollo.
¿Que é un stencil? tamén se chama estarcido en castelán inda que descoñezo a súa traducción en galego, pois ben trátase como ben di a Wikipedia dunha técnica artística de decoración na que un modelo cun debuxo recortado é usada para aplicar pintura a través de dito recorte.
Todo un experto no uso desta técnica é un artista grafiteiro inglés apodado Bansky utiliza esta técnica ca finalidade de realizar grafitis de xeito instantáneo, el mesmo deseña e corta os stencil que usa para a súa obra. En moitos casos, para aportar certa policromía aos seus deseños, utiliza varios stencil que vai superpoñendo.
Outro deseñador que tamén utiliza esta técnica é Shepard Fairey, un dos seus traballos máis famosos foi un cartel que realizou para o actual presidente dos EEUU, Barack Obama, cando comenzaba a súa campaña.
Aquí deixo un breve vídeo no que vemos como traballa.
Esta técnica utilízase de xeito habitual para a rotulación, de feito existe unha gran variedade de tipografías adaptadas para o seu uso en stencil, incluso stencil é o nome dunha tipografía deseñada por Gerry Powell que a creou baseándose nos caracteres impresos en caixas e caixóns, a tipografía ten unha connotación militar xa que naceu na época da II Guerra Mundial e foi moi utilizada polo exército americano, podémola atopar aplicada sobre equipación militar de todo tipo. Ademáis existen moitas variantes desta tipografía que se poden descargar desde este enlace a Dafont.
Se nos fixamos a idea destas tipografías é ter toda a letra nunha mesma peza, en letras coma a «O» para introducir o oco de dentro temos que facer un ou dous cortes na letra.
Para facer traballos deste tipo en internet podemos atopar diversos tutoriais, pero o proceso é sinxelo. No Photoshop abrimos a imaxe que queremos convertir a stencil e realizamos os seguintes pasos:
Imos a «Imagen/Ajustes/Brillo y Contraste» e subimos o contraste da imaxe se fose necesario
De seguido aplicamos o filtro Tampón que se atopa en «Filtro/Bosquejar/Tampón», tocamos os parámetros para que se axuste ao que queremos, ollo, este filtro divide a imaxe en dúas cores que son as que estean seleccionadas nese momento, recomendo usar o branco e o negro.
Se o fitro tampón non dá bos resultados temos que voltar a retocar o brillo e o contraste.
Imprimimos a imaxe, recortamos o sobrante e temos o noso stencil.
Esta pode ser unha forma de facelo, se queredes profundizar máis podedes ver este tutorial, inda que hai moitos máis en internet.
Recentemente, para decorar as paredes da Discoteca «La Clave» de Vila de Cruces, utilizamos a tecnica do stencil, inda que dun xeito un pouco distinto, o que fixemos foi recortar vinilo adhesivo cun ploter de vinilo e pegalo na parede, pintar e despegar unha vez seca a pintura.
Nas seguintes imaxe vemos os vinilos pegados no chan e na parede ca pintura xa aplicada.
Foi a primeira vez que fixemos algo así e descubrimos que, polo menos co aerosol que usamos, a pintura degrada o vinilo como se ve neste detalle.
E este é o resultado.
Por outra banda, utilizando o mesmo ploter de corte de vinilo recortamos una lámina de pvc ca idea de facer un stencil reutilizable, xa que os de vinilo unha vez despegados non se poden reutilizar. O resultado non foi malo, pero esta lámina de pvc é demasiado fina polo que se fai necesario reforzar certas partes para podela utilizar de xeito cómodo polo que penso que este sistema non serve para stencils demasiado grandes.
Agora que xa collín algo de experiencia a ver se me animo a ir facendo máis traballos similares, mantereivos informados.
E sigo a sacar vídeos do baúl dos recordos, aquí deixo o documental que realizamos no 25 aniversario da Sociedade Deportiva Cruces, o equipo de fútbol afeizoado de Vila de Cruces. Para facelo axudoume Gonzalo Brea, meu primo, de quen saíu a idea de facelo. Nel podemos escoitar, entre outras, as verbas de Don Nicolás, que xa nos deixou pero a quen non esquecemos. Adicado aos nostálxicos do «Cruces»
Aqui deixo un vídeo que fixemos na Escola de Imaxe e Son de Vigo alá polo 2004, trátase dun bloque de anuncios publicitarios que gravamos ca idea de introducir nos programas de televisión que se realizaban nas prácticas da escola pero poida que nos pasásemos un pouco e a profesora censurouno e non o chegamos a utilizar, poida que en certos momentos rocemos o mal gusto, pero e que de aquelas gustábamos de facer carallada, eramos novos e irresponsables, ahí o deixo, máis que nada, para que os meus vellos compañeiros de clase, aos que mando un agarimoso saúdo, o lembren.