Arquivo para Maio, 2008

Pois non tiven sorte

Sábado, Maio 31st, 2008

Resulta que usei material controvertido por pretender crear polémica con macdonalds, non pensei que fora para tanto, non critico directamente a macdonalds pero os de worth1000 son bastante sensibles a clichés, non recomendan usar persoaxes recurrentes por exemplo George Bush ou Britney Spears, isto pono literalmente nas normas, sen embargo teño visto traballos usando a estes persoaxes. O caso e que a min non me deixaron participar, terei que facer outra cousa, a verdade foi que non me esmerei demasiado, merézoo

Primeiro traballo para Worth1000

Sábado, Maio 31st, 2008

Para quen non o saiba Worth1000 trátase dunha web estadounidense na que se convocan a diario concursos de retoque fotográfico aos que chaman “Photoshop Contests”, eles propoñen un tema ou ben amosan unha foto e a partir de aí a retocar e a crear.

Eu xa tiña ganas dende fai tempo de participar neste concurso, e hoxe cadrou ben. Inda que non me atopaba moi inspirado e tampouco quería coller un concurso demasiado difícil escollín Animal Clowns 2, que consiste en convertir un animal ou animales calquera en paiasos a base de retocar, non é un traballo tan fácil como parece e como veredes tampouco é que me lucira moito co traballo.

Tamén aproveitei para facer unha captura do progreso do meu traballo, resumina en menos de seis minutos inda que me levou 50 minutos (que non é moito). Bueno, aí queda o traballo, para o próximo esmerareime un pouco máis.

A complexidade está na seleccion da melena do león para separalo do fondo e cambiarlle a cor, usei a ferramenta “extraer” traballando con paciencia con esta ferramenta conséguense moi bos resultados cando se tenta seleccionar pelo. Tamén veredes que fago unha consulta ás ferramentas de idioma de google porque non teño claro se esta ben escrita a frase en ingles ¿Que é (ou que pasa ou que hai de) das hamburguesas de cebra?.
Aquí tendes un enlace ao concurso en cuestión.

 

Novos enlaces

Venres, Maio 30th, 2008

Deixo este post para avisar dun par de enlaces que engadín la columna de Blogs, un deles o de Compies un grupo de rapaces amigos meus que viven na Coruña e gañaron o primeiro premio no concurso de vídeo de Mapie da Estrella Galicia ¡6000 euros para ir de viaxe xuntos!. E outro Cousas de Pakito que é outro amigo excompañeiro de clase co que fixen un par de curtametraxes e que xa fixo unha pola súa conta ca súa flamante cámara. Visitádeos que son gratis.

Un premio para a Bufanda Asasina

Martes, Maio 27th, 2008

Desde www.compradiccion.com premiaron a nosa curta A Bufanda Asasina, nun concurso celebrado co gallo do segundo aniversario do blog, (tedes un enlace aos resultados aquí). ¡Que ilu!

¡Vaia desfeita!

Mércores, Maio 7th, 2008

Xa a desfixen, ata onde puiden. A maquina está completamente despiezada, o moble non o vou seguir desfacéndo máis que nada porque non podo, as táboas estan pegadas entre si, non hai clavos nin parafusos á vista polo que terei que pintala sen desmontala antes, non me parece difícil, lixando ben as superficies que queden á vista e repintando con tino de non deixar zonas sen pintar debería quedar ben, mesmo mellor que se se pintaran por separado.

A temática que escollín para a máquina non a vou desvelar todavía pero penso vai gustar, unha pista, a cor predominante é o azul…

Ao panel de control metereille 6 botóns por xogador, ademáis de 5 botóns nos laterais para os xogos de pinball, 5 botóns de control do emulador é os 2 botóns de un e dous xogadores, ademáis poida que meta un botón para os créditos ao lado do monedeiro ou ben faga funcionar o monedeiro pero iso non e prioritario todavía.

A distribución dos botóns orixinais da máquina é bastante mala pero seguirei un pouco a idea que usou Lord Hiryu na súa “Hugo´s Olympic”, que é o mesmo modelo ca miña, hai que aprender dos profesionais.

Xurdiu un pequeno problema mentres facía o despece, escarallei o monitor que traía a máquina, funcionaba máis ou menos ben (salvo un lixeiro desenfoque) polo que non me queda outra que conseguir unha TV dese tamaño (25 pulgadas) e adaptala á máquina pero bueno, pouco a pouco.

As pezas, algunhas lixo, outras gardareinas de recordo e outras reutilizareinas. Impresionante a cantidade de porquería que tiña a máquina dentro