Arquivo para Xuño, 2008

Películas Míticas

Sábado, Xuño 21st, 2008

Quero deixar constancia nesta bitácora de aquelas películas que marcaron a miña infancia, que me fixeron desfrutar atrapándome en historias aparentemente superficiais pero que servían de alimento para a miña imaxinación. Moitas de estas películas teñen cousas en común que xa non se atopan nos filmes de agora, que chegan a ser tan asépticos que perden interés.

Na decada dos oitenta e a comezos dos noventa desde os EEUU chegaban películas de entretemento nas que un rapaz ou unha pandilla corrían unha serie de aventuras, aventuras onde o rapaces arriscaban a súa vida, enfrontándose a terroristas, ladróns, asasinos ou ben coñecendo e protexendo seres fantásticos.

A miña intención é entón deixar constancia aquí dunha breve lista de películas que irei tratando de recuperar para poder velas de novo e voltar a sentir esa emoción que me fixeron sentir no seu dia e deixar levar a miña imaxinación, ademáis serviranme como referente para un proxecto que ando argallando.

A primeira non pode ser outra que Los Goonies (The Goonies, 1985 dir: Richard Donner, Guión: Steven Spielberg e Chris Columbus) supoño que calquera dos que lexades isto lembraredes esta película co mesmo entusiasmo que eu e os que non saibades nada dela deberiades tratar de vela canto antes, o argumento é sinxelo un grupo de rapaces buscan un tesouro. O colorido apórtao a variedade de persoaxes que atopas na película cada un coa súa persoalidade propia, así temos ao protagonista principal que é un imaxinativo rapaz con problemas asmáticos, seu irmán maior que coma tódolos irmáns maiores lle toma o pelo e ademáis esta namorado, o gordiño gracioso ”Gordi” que non pode faltar, e para nós, como rapaces amantes da tecnoloxía e as modernidades, o favorito sempre era Data, un xaponés con aspiracións a ser Inspector Gadget que nos sorprende ao longo da película cos seus inventos. Ademáis a este actor xa o viramos noutra peli mítica: Indiana Jones e o Templo Maldito (Idiana Jones and The Temple of Doom, Steven Spielberg, 1984).

Que podo dicir de Los Goonies máis que é unha película de visión obrigada, polo menos, se xa tes máis de 8 ou 9 anos.

É que nestas películas os rapaces facían esas cousas que a calquera lle gustaría poder facer de neno, nos Goonies buscar un tesouro, en Una Pandilla Alucinante (Monster Squad, 1987, dirección e guión de Fred Dekker) un pequeno grupo de rapaces ten que se enfrentar aos máis clásicos monstros do cine: Drácula, A Momia, Frankenstein, O Home Lobo, e non sei se algún máis. Todo contado de un xeito bastante desenfadado ridiculizando a estes monstros e cun nivel bastante elevado de violencia gratuíta ¿que máis podemos pedir?. Deixo o trailer en castelán que atopei en youtube. Por certo, hai unha versión española de esta peli, Buenas Noches Señor mostruo protagonizada polo grupo Regaliz, bastante más light.

E se con esta pandilla alucinante nos entraron ganas de loitar contra diversos monstros con Jóvenes Ocultos (The Lost Boys, 1987, dir. Joel Shumacher, varios guionistas) quixemos combatir aos vampiros. Nesta película temos de novo a un grupo de rapaces que expón a súa integridade para loitar contra un perigo, un grupo de vampiros, totalmente recomendable. “Mi hermano es un vampiro, verás cuando se entere mamá”.

Xa nos noventa temos unha das miñas ultrafavoritas tíñaa gravada nunha VHS que escarallei de tando ver Operación Soldados de Juguete (Toy Soldiers, 1991, dir Daniel Petri Jr, guión Daniel Petri Jr e David Koepp adaptación da novela de William P. Kennedy). Neste filme volve aparecer  Sean Astin o mesmo que fixera de protagonista en Los Goonies e que recentemente encarnou ao hobbit Sam en “El Señor de Los Anillos“, e ten máis películas na súa filmografía que son dignas de saír nesta lista.

Atopámonos cun grupo de rapaces que teñen que defender o seu instituto duns terroristas que o secuestran, unha especie de Jungla de Cristal versión xuvenil. Agora non é que a lembre demasiado ben porque fai tempo que non a vexo, de feito xa estou tratando de conseguila, pero lembro que a vin moitas veces gracias a que, como dixen,a tiña gravada en VHS.

Estas películas chegaban sempre a través da televisión ou raras veces de un aluguer nun videoclube e solíamolas ver nos cumpreanos por exemplo Terminator, Robocop e as súas secuelas vinas por primeira vez nos cumpres de Carlos e Juan Luis (¡que míticos!).

Hai outro filme máis para tódolos públicos que estes que lembramos que é El Vuelo del Navegante (Flight of the Navigator,1986 Randal Kleiser), non é demasiado coñecida, nela un rapaz aparece despois de moitos anos de desaparecido, e sen medrar nin facerse vello, coma se non pasase o tempo para el, mesmo o seu irmán pequeno pasa a ser o maior. Ninguén entende nada, nin o pobre rapaz, ata que descubre unha extraña nave espacial con personalidade propia, e non sigo contando que vos destripo a película e non é o meu interés, quen a veu seguramente a recorde, por certo ten cousas en común con E.T.

Eramos novos, amantes das novas tecnoloxías e estaba a emerxer un fénomeno, a informática, as redes de ordenadores, apareceu unha película Juegos de Guerra (War Games 1983, John Badham). Supoño que se a vemos agora inda nos botamos unhas risas, ver como un rapaz xoga as máquinas nun video xogo ultra antigo e se mete en “internet” para cambiar a nota do seu exame, e o da súa moza, como usa unha chapa de bote de refresco para chamar gratis a través dun teléfono público… Bromas a parte, a peli ten a súa intriga, e non está nada mal contada, tamén estou tratando de vela de novo inda que non sería raro que a botaran na TVG en caquera momento.

Podería seguir enumerando películas daquela época ata fartarme mesmo Star Wars que naceu no 1977 e tivo as súas secuelas en plenos oitenta inda segue de moda, e xa mencionei a E.T. e a triloxía de Indiana Jones pero inda hai máis, filmes que desfrutábamos de pequenos, nos que a violencia tampouco estaba tan mal vista, nos que os malos eran malos malísimos e cos que a nosa fantasía se deixaba levar, pero quedan moitos por mencionar algúns que son fantasía total coma Dentro del Laberinto (1986), Cristal Oscuro (1982), Tron (1982), Dune (1984), La Historia Interminable (1984), El Señor de las Bestias (1982) (grandiosa), Masters del Universo(1987), Flash Gordon (1980), Superman (1978) (que me marcou especialmente, creo que foi Superman a primeira peli que vin no cine, polo menos a primeira que lembro) e tódalas de superheroes, outras de acción pura e dura como Rambos, Rockys ou Terminators varios, como no Cortocircuito(1986) que casi a esquezo e os Gremlins (1984), Critters(1986) e demáis películas de criaturas, Alien (1979) (unha das miñas sagas favoritas), La Cosa ¡fuf! e inda hai máis, as de Disney xa máis setenteras Chity Chity Bang Bang (1968) ou as de Herbie (1975, as vellas non esa chunga de 2005). Tamén como non as series El Equipo A, Halcon Callejero, Coche Fantástico, Trueno Azul (serie e película) e a televisión patria La Bola de Cristal, Barrio Sésamo.

Perlas audiovisuais que marcaron a miña infancia, e a de algún máis, moreas de filmes que por un motivo ou outro non creo que chegue a esquecer, inda que aquí non os vou poñer todos que son moitos.

Que grandes XGN

Martes, Xuño 17th, 2008

Aí vos deixo un par de vídeos que Guti colgou no blog de mapie de Compies para lembrar aqueles tempos de XGN, eu son o que está tras a cámara e o que montei o vídeo claro.

Non sei se está ben elexida a categoría do post (Curtametraxes) pero parécemo que é a mellor opción

Segundo traballo para Worth1000, tampouco o aceptaron

Luns, Xuño 2nd, 2008

O meu segundo intento de saír en Worth1000 tamén fracasou, esta vez porque non fixen o que pedian, Toy Swap - cambiar un obxecto cotidiano por un xoguete eu o que fixen foi meter “un obxecto cotidiano” neste caso a illa de Manhattan dentro dun xoguete que tampouco é xoguete de todo, máis ben un souvenir.

E estes son os recursos que utilicei na montaxe

Pero non me rindo, din que á terceira vai a vencida