Sobre Min
Chámome Sergio Mella, son un amante do vídeo, do cine, do deseño gráfico… gustaríame aproveitar este pequeno recuncho de internet para contar experiencias e mostrar a miñas habilidades con programas de edición de video, retoque fotográfico e deseño gráfico, e se teño tempo facer algo en Super8 que teño o equipo completo.
Traballo, xunto co meu socio, na miña propia empresa aquí tedes un enlace ao noso web: Lucanus Creación Visual - lucanus.es. Ademáis participamos nun programa de Radio Lalín chamado Entre Nós facendo un microespazo sobre informática e novas tecnoloxías, deste espazo naceu Tecnívoros.com un blog sobre tecnoloxía para xente da rúa.
Aquí deixo o meu canal en youtube.
Desde aquí poderedes ver as fotos que colgo en Panoramio, e desde aquí a miña galería en Picasa.
Eu no Facebook, en Twitter @sergio_mella, en Google Wave sergiodemella.
E se tedes dúbidas, consultas, aclaracións ou simplemente queredes contactar comigo: blog@superoito.org

