º Regresar á páxina principal º

¡Vaia desfeita!

Xa a desfixen, ata onde puiden. A maquina está completamente despiezada, o moble non o vou seguir desfacéndo máis que nada porque non podo, as táboas estan pegadas entre si, non hai clavos nin parafusos á vista polo que terei que pintala sen desmontala antes, non me parece difícil, lixando ben as superficies que queden á vista e repintando con tino de non deixar zonas sen pintar debería quedar ben, mesmo mellor que se se pintaran por separado.

A temática que escollín para a máquina non a vou desvelar todavía pero penso vai gustar, unha pista, a cor predominante é o azul…

Ao panel de control metereille 6 botóns por xogador, ademáis de 5 botóns nos laterais para os xogos de pinball, 5 botóns de control do emulador é os 2 botóns de un e dous xogadores, ademáis poida que meta un botón para os créditos ao lado do monedeiro ou ben faga funcionar o monedeiro pero iso non e prioritario todavía.

A distribución dos botóns orixinais da máquina é bastante mala pero seguirei un pouco a idea que usou Lord Hiryu na súa “Hugo´s Olympic”, que é o mesmo modelo ca miña, hai que aprender dos profesionais.

Xurdiu un pequeno problema mentres facía o despece, escarallei o monitor que traía a máquina, funcionaba máis ou menos ben (salvo un lixeiro desenfoque) polo que non me queda outra que conseguir unha TV dese tamaño (25 pulgadas) e adaptala á máquina pero bueno, pouco a pouco.

As pezas, algunhas lixo, outras gardareinas de recordo e outras reutilizareinas. Impresionante a cantidade de porquería que tiña a máquina dentro

3 Respostas a “¡Vaia desfeita!”

  1. checha dixo:

    Eu xa sei cal éa temática! eu xa o sei! eu xa o sei!…..jjejeje!

    Dalle padiante e a ver se sae algo ben guapo!

    Yeah!

    [Reply]

    Sergio reply on 8 Maio, 2008 15:48:

    Tampouco é un secreto de estado coma dicia o outro, pero tardarei en dicir nada aqui no blog ata que non teña algo feito.

    [Reply]

  2. jaime de stgo dixo:

    Ta ben a idea!

    Xa me invitaras a botar unhas partidas cando a
    montes!. Inda me acordo do pang no cafe de ramon
    e doutro de ogros q non sei como se chmaba

    Q recordos!

    Abur

    [Reply]

Deixa unha resposta