Comeza o traballo
Aquí vos deixo a primeira imaxe da recreativa sobre a que levarei a cabo a tarea de restauración, tamén teño xa o pc sobre o que xa instalei os xogos. Agora toca pedir o J-Pac, a placa que servira de unión entre o pc e a recreativa.
Hoxe xa lle metín ganas a Marcos (o de Raul), comecei a falarller do tema, e el a lembrar xogos e a motivarse e o final o pobre quedou con máis ganas ca min de ver a maca* rematada.
Polo que puden comprobar o máis delicado e o tema da alimentación dos dispositivos, teño que lograr que o mesmo interruptor encenda todo e non parece demasiado fácil, sorte que coñezo bastante xente que controla de electrónica a ese nivel, mesmo a meu pai seguro que lle parece unha perogrullada, bueno, seguirei informando.
Por certo, inda non sei cal será a tematica-imaxe da maca, a ver que se me ocorre, ¡dádeme ideas!. Como xa comentei o ideal e inventarse, ou non, un xogo e dedicar a maca a este.
*Maca: É un coloquialismo, é un xeito de chamar ás máquinas recreativas, aquí vos deixo un pequeno enlace a un glosario relacionado co tema.
29 Abril, 2008 en 0:27
Home, eu sigo dicindote que a temática ideal para decorar a tua maca é o kancho… pero como sei que es un rajao (non hai máis que ver como a foto que publicas é a da máquina limpiña, en lugar de poñer a foto do primeiro paso (limpala)), podote suxerir que a temática sexa A Tropa.
En canto a inventarse un xogo, iso deixao da miña conta, se é que dou sacado tempo de todas as miñas movidas, iso si, non sería para mame, pero iso non creo que importe demasiado.
[Reply]
Sergio reply on 30 Abril, 2008 19:14:
Refírome a inventar un xogo para utilizalo como decoracion da máquina (por exemplo “Homer E o Donut Perdido”) pero non necesariamente a programalo inda que non estaría mal jeje
[Reply]