Arquivo para a categoría 'Curtas e vídeos'.

Reportaxe Galo de Curral 2001

Martes, Decembro 1st, 2009

En Maio de 2001, Checha máis eu decidimos facer un video-reportaxe ao estilo «Caiga Quien Caiga» durante a Festa do Galo de Curral e, despois de oito anos, decidín subilo a Youtube e aquí o tedes, esta partido en dous anacos pola limitación de 10 minutos de Youtube o que deixo aquí é unha lista de reproducción, o seguinte vídeo reproducirase automáticamente. Non sexades moi esixentes, eramos novatos tanto o cámara coma o reporteiro (e o montador…)

Martes de Comedia 2009

Domingo, Outubro 18th, 2009

Xa se poden ver os monólogos do «Martes de Comedia» celebrado durante a Semana Cultural do 2009 (do 3 ao 8 de Agosto) en Vila de Cruces ca participación de: Félix Rodriguez, Ivan Lois, Sergio Mella e o gran Víctor Grande.

Aquí o deixo – trátase dunha lista de 11 vídeos.:

Chourizos e Augardente

Luns, Abril 13th, 2009

Aqui deixo a curta que fixemos alá polo 2003 na escola de Imaxe e Son de Vigo que alguén se lle ocorreu colgar en Flocos.tv

Lembrando vellos traballos

Domingo, Marzo 22nd, 2009

Fai case dous anos participei coma operador de cámara nun spot para televisión producido por Tres Deseos e dirixido por Martin Gauvreau, si, o director de Alicja Wonderland, foi nese traballo, durante eses dous días de gravación cando coñecin a Martin, quen despois duns meses me voltaría a chamar para pedirme que participase na sua curta.

Martin non quedou moi contento co spot orixinal e quixo facer unha «montaxe do director» que colgou na súa web ademáis tamen puxo unha serie de fotos do «making of» nas que estou inda que non se me recoñece polo que tiven que «sinalar» a miña posición.

Máis fotos do «making» aquí. Despois da curta inda voltei unha vez máis a traballar con Martin e Tres Deseos nun spot no que gravamos imaxes dun coche en movemento para que posteriormente as usaran de referencia para os movementos e dinámica xa que no spot o coche era infografia 3d. Pódese ver aquí.

Día de Matanza (próximamente) -Actualizado-

Xoves, Xaneiro 15th, 2009

O título é provisional, este fin de semana toca grabación, non vou explicar moito de que vai o tema.

Mínima planificación, tocarame pelexar bastante ca montaxe…

-Actualización-

Bueno, a gravación non saleu como esperaba, fíxose de noite porque comezamos demasiado tarde por obrigas do matachín. Pero conto levar a cabo este proxecto inda que iso supoña esperar ao ano que ven á nova tempada de matanza. Paciencia.

Nova versión de Alicja Wonderland

Venres, Novembro 28th, 2008

Martin segue a darlle voltas ao montaxe de Alicja, aquí vos deixo un enlace á súa ultima versión que, coñecendo a Martin non será a derradeira…

- 28/Nov/08-19:34: Vaia, acabo de vela, paréceme que cortou cousas de máis, todo o comezo no que o neno rouba a caixa co anel xa non está nesta versión, non creo que sexa boa idea, o que eu dixen, esta non será a derradeira versión.

Xa se pode ver Alicja Wonderland On-line

Luns, Novembro 17th, 2008

Martin Gauvreau subeu tódalas súas películas á sua páxina web, desde ela poderedes ver o último montaxe (este xa definitivo) de Alicja Wonderland, na que eu traballei como cámara, e en HD.

A dirección www.levelgate.com e facedes clic no poster da peli que queirades ver.

alicjaposter.jpg

Noraboa Guti

Mércores, Outubro 1st, 2008

Quero aproveitar este recuncho para felicitar a un amigo polo éxito da súa curtametraxe presentada o pasado 25 de setembro na Fnac de A Coruña, a curta titúlase 18.1 e podedes coñecer máis dela neste microsite, ou no seu blog, a devandita curta inda non acadou ningún premio, que eu saiba, pero pode chegar a ser unha boa candidata en calquera festival que se digne a acollela. Non vou adiantar nada sobre a curta porque non quero destripala pero vale a pena vela, é interesante e, inda que en certos momentos o nivel de interpretación dos actores non é o desexado a curta aséntase sobre una historia interesante e con final inesperado ¿que máis pedir?. 

Quero, ademais, desde este blog, facer unha pequena homenaxe a Guti, foi el quen me meteu o gusanillo polo mundo audiovisual cando fun probar sorte na Coruña e é el o que sempre me anima a realizar a miña curtametraxe o que conta comigo para este tipo de cousas e que espero siga a contar. Tamén me quero desculpar desde aqui por non ir ver a presentación na Fnac, pero cousas de traballo, xa se sabe.

gutispielberg.jpg

Non puiden evitar facer esta montaxe, curiosa a cara de Guti, e o da gorra… hai que aprender dos grandes.

Que grandes XGN

Martes, Xuño 17th, 2008

Aí vos deixo un par de vídeos que Guti colgou no blog de mapie de Compies para lembrar aqueles tempos de XGN, eu son o que está tras a cámara e o que montei o vídeo claro.

Non sei se está ben elexida a categoría do post (Curtametraxes) pero parécemo que é a mellor opción

Un premio para a Bufanda Asasina

Martes, Maio 27th, 2008

Desde www.compradiccion.com premiaron a nosa curta A Bufanda Asasina, nun concurso celebrado co gallo do segundo aniversario do blog, (tedes un enlace aos resultados aquí). ¡Que ilu!