Arquivo para a categoría 'Curtas e vídeos'.

Un premio para a Bufanda Asasina

Martes, Maio 27th, 2008

Desde www.compradiccion.com premiaron a nosa curta A Bufanda Asasina, nun concurso celebrado co gallo do segundo aniversario do blog, (tedes un enlace aos resultados aquí). ¡Que ilu!

A Bufanda Asasina – (2002)

Luns, Marzo 31st, 2008

Antes de entrar na escola de imaxe e son decidín que sería boa idea ter feito unha curta, polo menos por ter algo que ensinar. Aqui a deixo, para que lle botedes unha ollada e dedes a vosa opinión.

[youtube:http://www.youtube.com/watch?v=KVTJMXqBtu0]

Actualmente estou a barallar novas ideas para unha curtametraxe, seguirei informando.

Alicja Wonderland

Xoves, Marzo 27th, 2008

Déixovos aquí un enlace á web oficial da curtametraxe Alicja Wonderland na que participei como director de fotografía e operador de cámara, foi unha produción independente moi pequena, basta con ver os créditos, e rodada íntegramente en Polonia.
A idea era facer unha longametraxe de, polo menos, 90 minutos de duración pero diversos problemas de produción, entre eles económicos, non conseguimos gravar suficiente material e apenas chegamos aos 60 minutos, un tempo insuficiente para presentar a película en festivais polo que o director optou por facer unha curta duns 20 minutos que, inda que prescinde de moitas esceas que servirían para aclarar un pouco máis a trama, consigue contar unha historia interesante.

alicja.jpg

Se desexades ver a curta comunicádemo, posiblemente a proxecte no auditorio de vila de cruces pero terei que agardar a un día no que se celebren máis cousas porque ir ao auditorio por so 20 minutos algún non lle ía facer moita gracia.