Fagamos un stencil
Xoves, Decembro 24th, 2009¿Que é un stencil? tamén se chama estarcido en castelán inda que descoñezo a súa traducción en galego, pois ben trátase como ben di a Wikipedia dunha técnica artística de decoración na que un modelo cun debuxo recortado é usada para aplicar pintura a través de dito recorte.
Todo un experto no uso desta técnica é un artista grafiteiro inglés apodado Bansky utiliza esta técnica ca finalidade de realizar grafitis de xeito instantáneo, el mesmo deseña e corta os stencil que usa para a súa obra. En moitos casos, para aportar certa policromía aos seus deseños, utiliza varios stencil que vai superpoñendo.

Outro deseñador que tamén utiliza esta técnica é Shepard Fairey, un dos seus traballos máis famosos foi un cartel que realizou para o actual presidente dos EEUU, Barack Obama, cando comenzaba a súa campaña.

Aquí deixo un breve vídeo no que vemos como traballa.
Esta técnica utilízase de xeito habitual para a rotulación, de feito existe unha gran variedade de tipografías adaptadas para o seu uso en stencil, incluso stencil é o nome dunha tipografía deseñada por Gerry Powell que a creou baseándose nos caracteres impresos en caixas e caixóns, a tipografía ten unha connotación militar xa que naceu na época da II Guerra Mundial e foi moi utilizada polo exército americano, podémola atopar aplicada sobre equipación militar de todo tipo. Ademáis existen moitas variantes desta tipografía que se poden descargar desde este enlace a Dafont.

Se nos fixamos a idea destas tipografías é ter toda a letra nunha mesma peza, en letras coma a “O” para introducir o oco de dentro temos que facer un ou dous cortes na letra.
Para facer traballos deste tipo en internet podemos atopar diversos tutoriais, pero o proceso é sinxelo. No Photoshop abrimos a imaxe que queremos convertir a stencil e realizamos os seguintes pasos:
- Imos a “Imagen/Ajustes/Brillo y Contraste” e subimos o contraste da imaxe se fose necesario
- De seguido aplicamos o filtro Tampón que se atopa en “Filtro/Bosquejar/Tampón”, tocamos os parámetros para que se axuste ao que queremos, ollo, este filtro divide a imaxe en dúas cores que son as que estean seleccionadas nese momento, recomendo usar o branco e o negro.
- Se o fitro tampón non dá bos resultados temos que voltar a retocar o brillo e o contraste.
- Imprimimos a imaxe, recortamos o sobrante e temos o noso stencil.
Esta pode ser unha forma de facelo, se queredes profundizar máis podedes ver este tutorial, inda que hai moitos máis en internet.
Recentemente, para decorar as paredes da Discoteca “La Clave” de Vila de Cruces, utilizamos a tecnica do stencil, inda que dun xeito un pouco distinto, o que fixemos foi recortar vinilo adhesivo cun ploter de vinilo e pegalo na parede, pintar e despegar unha vez seca a pintura.
Nas seguintes imaxe vemos os vinilos pegados no chan e na parede ca pintura xa aplicada.
Foi a primeira vez que fixemos algo así e descubrimos que, polo menos co aerosol que usamos, a pintura degrada o vinilo como se ve neste detalle.
E este é o resultado.
Por outra banda, utilizando o mesmo ploter de corte de vinilo recortamos una lámina de pvc ca idea de facer un stencil reutilizable, xa que os de vinilo unha vez despegados non se poden reutilizar. O resultado non foi malo, pero esta lámina de pvc é demasiado fina polo que se fai necesario reforzar certas partes para podela utilizar de xeito cómodo polo que penso que este sistema non serve para stencils demasiado grandes.
Agora que xa collín algo de experiencia a ver se me animo a ir facendo máis traballos similares, mantereivos informados.







