Tutorial: Aqua Effect Express
Mércores, Marzo 26th, 2008Neste breve tutorial vou expoñer como conseguir o chamado “aqua effect”, chámolle express porque este vai ser o xeito sinxelo e rapido para facelo. Utilicei o Adobe Flash, pero poderase facer con calquera programa de deseño gráfico xa que usa ferramentas básicas e comúns a todos eles.

Primeiro debuxamos unha base, non é obrigatoria pero serviranos para facer un marco de cor ao obxecto en cuestión. Acto seguido debuxamos a seguinte figura cun degradado de cor, neste caso escollín un degradado vermello.

O seguinte será engadir o reflexo superior, que será un rectángulo de menor tamaño de cor branca cunha opacidade progresiva de 0% a 50%.

Como vedes xa se podería dar por rematado pero compre engadir un detalle máis, un reflexo inferior, marqueino na imaxe de cor verde, debería ser un branco ao 20% de opacidade e acto seguido hai que desenfocalo (con flash Modificar / Forma / Suavizar bordes de relleno), testeade que cantidade de desenfoque é o óptimo, xa se sabe que o deseño grafico ten unha dosis moi elevada de “sentido común”

Pois isto foi todo, xogando con esta pequena base pódense conseguir cousas bastante chulas e de xeito rápido.

En próximos tutoriais evolucionarei un pouco sobre a idea do aqua effect para conseguir cousas máis espectaculares inda que, por suposto, incrementando un pouco a complexidade.