Arquivo para a categoría 'Faino ti Mesmo'.

Tarta de Gominolas de Hello Kitty

Sábado, Outubro 17th, 2009

Unha pijotada que case non ven a nada neste blog, pero quería deixar constancia deste pequeno «divertimento» que quixo realizar a miña muller para o aniversario dunha curmanciña dela namorada de hello kitty.

Tratase dunha tarta de gominolas montada sobre unha estrutura de poliexpán. Para recortar o poliexpán imprimeuse unha hello kitty (en gris para aforrar tinta) que fixo de modelo como se ve na foto. Tamén recortamos unha peza para alzar máis a silueta ca idea de meter máis gominoladas.

Tomamos como referencia outras tartas deste tipo e comprobamos que o poliexpán estaba envolto en papel albal co que conseguimos hixiene e estética.

Escollemos unha selección de larpeiradas desas que volven tolos aos rapaces, sempre pensando en igualar as cores da orixinal, vestido vermello, corpo branco, nariz amarelo, laciño e bigotes. Para o lazo usamos unhas línguas de regaliz.

E obtivemos unha tarta de Hello Kitty bastante resultona, ben cargadiña de gominolas e moi barata.

Poor Man´s Steady Cam Test

Xoves, Marzo 26th, 2009

 
Para quen non o saiba unha Steady Cam é un sistema formado por arnés, brazo e contrapesos que consegue estabilizar unha cámara en planos nos que o operador realiza movementos coma subir escaleiras, correr etc conseguindo unhas imaxes cun movemento moi suave e atenuado. Pero ten un inconvinte, é moi cara, polo que a alguén se lle dou por inventar a «Poor Man´s Steady Cam«.

A Steadicam do pobre, bueno é o nome que elixiron os que idearon este invento, xa estivemos facendo as primeiras probas, e aquí deixo as primeiras imaxes, que por certo subín a vimeo para tamén probar este servizo de vÍdeo, non todo vai ser youtube inda que agora que xa soporta HD non era moi necesario.

Non quedou moi fino, a verdade é que o equipo pesa case os 6 kg e eu sempre tiven os brazos algo febles, o modelo é Uxio a quen agradecin a súa participación como modelo metendo unha música no vídeo que el mesmo elixiu.

O aparello está formado por tres pezas que se unen enroscan nunha T, inda me falta rematar correctamente o anclaxe das pesas para o que necesitarei a axuda dun torneiro que lles faga unha rosca interior, teño que agradecer a colaboración con este aparello a meu pai que me deixou a ferramenta para facer as roscas no tubo galvanizado (terraxa), a Jose Manuel Míguez (o da gasolinera) que me fixo de soldador e a José Manuel Santiso (o outro da gasolinera).

Fáltanos algo máis de práctica porque despois de ver o vídeo dos inventores do trebello coido que se poden sacar imaxes mellores. Pode que teña que acortar un pouco o pau de abaixo e quitarlle peso, probamos con 2+1 kg e penso que chega con dous, a cámara pesa 2,600. Seguiremos probando, deixo o vídeo dos inventores para que comprobedes que o cacharro funciona.

A punto de caramelo

Sábado, Outubro 25th, 2008

Xa queda pouco para rematar a dichosa recreativa, ten o monitor de 25 pulgadas xa instalado e tanto a imaxe e o son funcionan perfectamente. 

Tal e como conectei o audio poderei utilizar a recreativa coma unha tv no futuro, queda conectar o sistema eléctrico, a luz e pegarlle os últimos vinilos decorativos polo que a seguinte imaxe que suba xa sera a máquina finiquitada.

Inda teño un pequeno problema co vídeo nalgúns xogos (de feito en varios xogos que son bastante importantes) pero conto arranxalo co novo pc que doou Checha para a causa e a quen aproveito para agradecerllo.

 

 

Aquí vedes ao meu pai, a quen tamén agradezo o traballo e tempo que adicou á máquina, o meu irmán de «Beta Tester» e ao meu socio e amigo Antonio.

A punto de caramelo

Venres, Setembro 19th, 2008

Xa me falta pouquiño para darlle remate a dichosa recreativa, non sen ter algún problema, agora mesmo o máis acuciante é un pequeno erro que da a conexión do pc á máquina recreativa, con algúns xogos a imaxe non se ve correctamente, supoño que será fácil de arranxar.

Como aperitivo deixo unha foto do panel de control rematado. Gran traballo o do meu pai que me axudou a soldar as conexións internas que leva.
paneldetalle.jpg

Adianto

Martes, Setembro 2nd, 2008

Non me dou aguantado máis sen amosar os novos avances levados a cabo na recreativa. Antes prefería ter explicado nun post os motivos dos deseños, quen é David Horvath e que son os UglyDolls, pero non dou agardado máis polo que aí tedes, xa me iredes comentando o que vos parece.

uglydollarcade.jpg

¡Vaia desfeita!

Mércores, Maio 7th, 2008

Xa a desfixen, ata onde puiden. A maquina está completamente despiezada, o moble non o vou seguir desfacéndo máis que nada porque non podo, as táboas estan pegadas entre si, non hai clavos nin parafusos á vista polo que terei que pintala sen desmontala antes, non me parece difícil, lixando ben as superficies que queden á vista e repintando con tino de non deixar zonas sen pintar debería quedar ben, mesmo mellor que se se pintaran por separado.

A temática que escollín para a máquina non a vou desvelar todavía pero penso vai gustar, unha pista, a cor predominante é o azul…

Ao panel de control metereille 6 botóns por xogador, ademáis de 5 botóns nos laterais para os xogos de pinball, 5 botóns de control do emulador é os 2 botóns de un e dous xogadores, ademáis poida que meta un botón para os créditos ao lado do monedeiro ou ben faga funcionar o monedeiro pero iso non e prioritario todavía.

A distribución dos botóns orixinais da máquina é bastante mala pero seguirei un pouco a idea que usou Lord Hiryu na súa «Hugo´s Olympic», que é o mesmo modelo ca miña, hai que aprender dos profesionais.

Xurdiu un pequeno problema mentres facía o despece, escarallei o monitor que traía a máquina, funcionaba máis ou menos ben (salvo un lixeiro desenfoque) polo que non me queda outra que conseguir unha TV dese tamaño (25 pulgadas) e adaptala á máquina pero bueno, pouco a pouco.

As pezas, algunhas lixo, outras gardareinas de recordo e outras reutilizareinas. Impresionante a cantidade de porquería que tiña a máquina dentro

Comeza o traballo

Luns, Abril 28th, 2008

Aquí vos deixo a primeira imaxe da recreativa sobre a que levarei a cabo a tarea de restauración, tamén teño xa o pc sobre o que xa instalei os xogos. Agora toca pedir o J-Pac, a placa que servira de unión entre o pc e a recreativa.

Hoxe xa lle metín ganas a Marcos (o de Raul), comecei a falarller do tema, e el a lembrar xogos e a motivarse e o final o pobre quedou con máis ganas ca min de ver a maca* rematada.

Polo que puden comprobar o máis delicado e o tema da alimentación dos dispositivos, teño que lograr que o mesmo interruptor encenda todo e non parece demasiado fácil, sorte que coñezo bastante xente que controla de electrónica a ese nivel, mesmo a meu pai seguro que lle parece unha perogrullada, bueno, seguirei informando.

Por certo, inda non sei cal será a tematica-imaxe da maca, a ver que se me ocorre, ¡dádeme ideas!. Como xa comentei o ideal e inventarse, ou non, un xogo e dedicar a maca a este.  

 

*Maca: É un coloquialismo, é un xeito de chamar ás máquinas recreativas, aquí vos deixo un pequeno enlace a un glosario relacionado co tema.

Comeza o Proxecto Mame

Domingo, Abril 20th, 2008

¿Que é Mame? Multiple Arcade Machine Emulator («emulador múltiple de máquinas recreativas»), un software capaz de facer funcionar nun pc estandar os xogos que tanto nos entreteron nas décadas dos 80 e 90, e que algúns lembramos con nostalxia (máis información en wikipedia).

O Proxecto Mame no que me acabo de embarcar, consiste na conexión dun pc a unha desas máquinas recreativas de xeito que  se poida xogar nela aos xogos instados no pc a través do Mame. 

Para todo isto necesitarei:

  • - 1 pc (o meu será un Intel Pentium III a 1 GHZ, 512 MB de RAM, disco duro de 80 GB) De sobra para soportar Mame que será o único que teña instalado
  • - 1 Máquina Recreativa
  • - 1 J-Pac (unha tarxeta para conectar o pc á recreativa, hai xeitos de facelo sen usar esta tarxeta e gastar os 60 euros que custa pero funciona ben e está explícitamente construída para isto.
  • - www.marcianitos.org o máis importante, a web de referencia para calquera que se queira meter nisto, nela explican como facelo e a través dos seus foros arranxan todolos problemas que che poidan xurdir, son os mellores.
  • - Un local e ferramentas básicas (desparafusador, martelo etc)

En canto remate o traballo tentarei elaborar un tutorial de como fixen todo e colgareino aquí e en marcianitos.org, onde xa moita xente colgou o seu propio tutorial de como fixeron a súa recreativa

Agora mesmo inda non sei como a vou decorar teño varias ideas en mente pero prefiro non adiantar nada