Arquivo para a categoría 'Fotografía'.

Parada en Combarro

Mércores, Setembro 8th, 2010

O pasado 25 de Agosto Marta e máis eu fixemos unha parada en Combarro, un deses lugares que hai que visitar pero que como estan tan pretiño da casa sempre se deixan para máis tarde. Ben, pois ese día aproveitei para levar a miña cámara e saciar a miña fame fotográfica, e tiven sorte. Nada máis chegar, atopamos unhas barcas abandoadas polo seu dono e convertíronse nas protagonistas principais da miña pequena reportaxe.

Casco histórico de Combarro
Vista do casco histórico de Combarro.

Lancha Abandoada
Lancha abandoada no peirao de Combarro.

Amarras
Vellas amarras.

Lanchas
Lanchas abandoadas.

Enlace ao Slideshow en Flickr onde se poden ver a maior tamaño.

Parecidos Razonables, primeira entrega

Martes, Agosto 25th, 2009

Aqui deixo os 10 primeiros parecidos razonables, a ver se busco máis. Deixade un comentario con críticas, louvanzas ou suxerencias para o seguinte.

Parecidos RazonablesParecidos Razonables
Parecidos Razonables

Se a queredes ver máis grande, entrade no meu Picasa

2009 Ano Internacional da Astronomía

Xoves, Abril 2nd, 2009

No ano 1609 Galileo Galilei puntou por primeira vez ao ceo cun telescopio, 400 anos depois a Unión Astronómica Internacional (UAI) anunciou a declaración pola UNESCO do 2009 coma o Ano Internacional da Astronomía (IYA2009), ratificada pola ONU o 19 de Decembro de 2007 (resolución).

IYA LOGO galego

E 400 anos despois de que Galileo estrenara o seu telescopio eu tomo o seu relevo e decido adquirir un para adicar parte do meu tempo libre a observación astronómica.
O meu celestron starseeker 114

Trátase dun Celestron Starseeker 114, con montura acimutal motorizada e sistema de aliñado SkyAlign co que se apuntas a tres diferentes estrelas do ceo, e sen necesidade de saber cales son, o telescopio queda aliñado automaticamente e podes buscar entre os 4000 obxectos que ten memorizados para que o telescopio os encadre automaticamente.

Ademáis do telescopio e dous oculares que inclúe (de 25 e 11 mm) tamén conto con varios accesorios coma o filtro solar e unha lente, chamada T-Barlow, que xunto cun anel T2 pódese adaptar a nosa Nikon D50 (ou calquera Nikon) e así poder tomar fotografías dos obxectos observados.

Tamén probei a sacarlle ó Sol e mesmo tratei de sacarlle algunha a Saturno, que estes días se pode observar se miramos cara o leste pero non me quedaron ben, pode que non sexa o telescopio apropiado para fotografías tan complicadas pero seguirei intentándoo.

Irei colgando as fotografías nos meus álbumes de Picasa ou ben, na páxina Astrofotografía deste mesmo blog.

Por agora a que mellor me quedou foi esta da Lúa:

Lúa en Crecente. 1 de Abril de 2009. A miña primeira foto da LúaLúa en Crecente. 1 de Abril de 2009. A miña primeira foto da Lúa
Lúa en Crecente. 1 de Abril de 2009. A miña primeira foto da Lúa

Noite de Lúa Chea

Xoves, Marzo 12th, 2009

Gústame mirar a lúa nas noites de lúa chea, e gústanme as noites de lúa chea, sempre penso que nos influe dalgún xeito. Hoxe puidemos desfrutar dunha magnífica lua chea e non puiden evitar sacar un par de fotos. 

Fai uns días que tomei a decisión de andar sempre ca cámara de foto no coche e hoxe xa lle saquei proveito, o malo é que non tiña una trípode a man e tiven que improvisar puntos de apoio polo que os ángulos non son os mellores, outra pega e que o obxectivo non ten demasiado zoom polo que non puiden conseguir sacala o suficientemente preto vou ter que buscar por ebay a ver se hai algun teleobxectivo barato. O que si puiden experimentar foi a velocidade de obturación e os resultados podédelos ver. A foto da rúa está lixeiramente retocada, puxen a lua un pouco máis grande e xoguei cos valores de brillo e contraste.

 

3º Premio no concurso

Martes, Marzo 10th, 2009

Non contaba levar nada pero, todo hai que dicilo, a competencia non era demasiado forte, exceptuando as fotos de Rafa que poderían todas as gañadoras, xa que, fotográficamente eran as mellores e o tema tratado penso que o respetaban bastante. 

O premio foi un marco dixital co que por certo me estou pelexando xa que non son capaz de facelo reproducir vídeo é nas instruccións pon que se pode. O primeiro (unha cámara de vídeo) premio foi para, como non, unha muller, cunha foto na que se ven dous pescadores de río, un deles unha muller claro. O segundo (unha camara de fotos dixital) para Rafa cunha foto na que se vé unha rapaza nunha clase de electricidade, sendo os seus compañeiros todos homes. Inda que a que merecía o premio era unha foto dunha señora da limpeza traballando, tamén de Rafa pero claro, tratándose o tema «A Muller en Igualdade» encaixaba mas esta da futura electricista. E a miña pois é a primeira da seguinte galería, na que vemos a un home (meu pai) pasando o ferro. As outras son as fotos cas que concursei como veredes son similares, os efectos aplicados son varios que xuntos fan o chamado efecto dragan inda que non o apliquei de xeito estricto

Perlas da Campaña Electoral Galega

Venres, Marzo 6th, 2009

Espero que non me tachen de ser dun partido ou doutro por poñer estas imaxes pero non podía evitalo, o seguinte cartel inda se pode ver nas Cruces, non sei se é intencionado ou un despiste dos que poñen os carteis pero a verdade é que non é positivo para a imaxe do candidato.

E a seguinte e unha foto do vehículo de campaña do PP en Silleda, non sei se querían dar a imaxe de austeridade da que tanto falan ou se prentende ser o coche do futuro presidente.

O meu primeiro concurso fotográfico

Xoves, Marzo 5th, 2009

Hoxe participei por primeira vez nun concurso fotográfico.

O concurso está organizado polo Concello de Vila de Cruces e o tema das fotografías é «A muller en igualdade», non vou desvelar as fotografías ata a entrega de premios pero non vai a haber que esperar moito será este domingo. Tampouco teño demasiadas esperanzas de gañar pero a ver que pasa, porque ao mellor hai baixa participación e teño sorte.

Nas fotos quixen experimentar cun efecto chamado dragan pensado especialmente para retratos inda que nas fotos que enviei non sae ningunha cara. O efecto é bastante interesante e pódense obter resultados moi vistosos, tamén e certo que agora que me fixo véxoo aplicado por todos lados.

Unha semana movida

Domingo, Xaneiro 25th, 2009

Este ano o inverno está sendo doente, non fai moito que nos sorprendeu una nevarada ben gorda e esta semana outra inda que nos colleu un pouco máis preparados, o que si nos pillou desprevenidos foi a cicloxénesis explosiva que azotou o norte do país. O seu paso pola Vila de Cruces deixou unha profunda pegada, ademáis de quitarnos a luz durante a noite do venres aos das Cruces e durante toda a fin de semana a gran parte do térmo municipal, o vento tirou árbores, levantou tellados e destrozou as columnas da praza deixando mostra de que a obra pública é un pouco máis sensible aos avatares meteorolóxicos.

Deixo unha pequena galería fotográfica, agardo que vos guste.

http://picasaweb.google.com/sergiodemella/InclemenciasDoTempo#

Álbumes Web en Picasa

Domingo, Outubro 12th, 2008

Estiven comparando Flickr con Picasa e decanteime por este último, un servizo de google para subir fotografías moi útil, ademais descargas unha aplicación que busca as imaxes do teu pc e permíteche organizalas de xeito moi cómodo.

Aquí vos deixo un enlace aos meus álbumes web de Picasa, polo de agora inda teño poucas fotos pero tratarei de subir máis ao longo desta semana.

Tamén lembro que os meus enlaces a Panoramio e o meu canal en Youtube están na sección «Sobre Min«

Xa nos publicaron en La Voz de Galicia

Mércores, Abril 16th, 2008

Curiosamente publicaron a fotografía que sacamos sin contar, sin saber que ese espello estaba aí. 

Tedes que entrar en lavozdegalicia.es para acceder ás fotos, para abreviar déixovos este enlace , (www.lavozdegalicia.es, fotos, chapuzas 3).

Iremos facendo máis, para desfrute do público ademáis deixovos aquí un par de elas máis que, todavía, non se publicaron.