Odaiko - Vídeo Promocional
Luns, Xullo 14th, 2008Aqui deixo un vídeo promocional de odaikon no que vemos un pequeno resumo do seu último espectáculo “Galician on Board”
Aqui deixo un vídeo promocional de odaikon no que vemos un pequeno resumo do seu último espectáculo “Galician on Board”
Deixo este post para avisar dun par de enlaces que engadín la columna de Blogs, un deles o de Compies un grupo de rapaces amigos meus que viven na Coruña e gañaron o primeiro premio no concurso de vídeo de Mapie da Estrella Galicia ¡6000 euros para ir de viaxe xuntos!. E outro Cousas de Pakito que é outro amigo excompañeiro de clase co que fixen un par de curtametraxes e que xa fixo unha pola súa conta ca súa flamante cámara. Visitádeos que son gratis.
Quero aproveitar para mandar desde aquí un saúdo aos membros de Odaiko, onte pola noite nos fixeron desfrutar cun concertazo na sala Capitol de Santiago de Compostela. Eu xa teño visto os seus concertos porque contaron comigo para a realización dos vídeos que proxectan durante os seu concerto mentres tocan (vídeos que xa estou desexando retirar por outros novos porque a verdade é que se podería facer algo mellor, agardo que sigan a contar comigo).
Pero onte desfrutei con eles, sorprendéronme cando utilizaron un sacho como instrumento e pensar que van ir a Taipei (Taiwan) ao festival Internacional de Percusión, bueno, o sacho, as pandeiretas e eles mesmos bailando unha muiñeira. Só me queda desexarlles ¡Sorte en Taipei rapaces!
Máis info en Sondarede.com, Odaiko.es
Cando era ben pequeno, coido que uns 5 ou 6 anos, lanceime ao vacío dende unha altura de máis de 3 metros ca esperanza de voar, non foi así e voei pero en liña recta cara o chan, seica non me pasou nada agás que papei un susto que durmín dende ás seis da tarde ata as once da maña do día seguinte. Non comprendía nada, mesmo tiña a miña capa posta, esa que usara no entroido, pero non tiña poderes.
Nesa idade disfraceime de Superman non sei cantos entroidos seguidos, pero non podía disfrazarme doutra cousa. E foi Superman a primeira película que vin no cine, polo menos a primeira que lembro, non sei se foi iso o que me influenciou pero sempre foi un persoaxe que me gustou, e nunca lin os seus comics, nin sequera me atraen (prefiro marvel), eso si leo moito a Superlopez, do que teño tódolos seus números, que podemos dicir é a versión patria de Superman. Inda agora me fai ilusión sentir o seu anagrama no peito, fai anos cando inda non se vian as camisetas de Superman eu xa tiña unha que escarallei de tanto poñer, mesmo tiña no meu coche uns vinilos con ese logotipo (agora teño a vacaloura de lucanus), ata o meu chaveiro da chave do coche é o s de superman.
E este ano polo entroido non parei ata mercar un disfrace de Superman, aproveitando que Experi quería o de Spíderman, non vos perdades as fotos, o disfrace téñoo gardado, non descarto para nada volvelo usar.
Non sei se é fanatismo, ou que simplemente me gusta, incluso un dos meus soños recurrentes é que podo voar, e inda sigo vendo as súas películas cando teño oportunidade, desfrutei ca última que fixeron inda que botando de menos a Cristopher Reeve, xa están preparando a segunda parte Superman O Home de Aceiro espero que fagan moitas máis, das “ochenteras” fixeron ata Superman IV. O que non vexo moito é Smallville, debe ser porque o tipo nin voa, nin pon o traxe, e esta sempre chorando por Lana ¡se total xa sabemos que vai a acabar con Lois!.
E é agora cando máis desexaba ser coma el, así non estaría na casa con “la pata quebrada”.
Pois si, despois de conseguir xuntar un grupecho de xente que se animara a saír cada sábado pola tarde a dar un paseo en bicicleta resulta que me lesiono, e todo por culpa da miña torpeza, si, caín da bicicleta sen chegar a montar nela e o resultado: escordadura de xeonllo con posible rotura de ligamentos. Ala carallo, o da posible rotura inda non mo puideron confirmar pero polo que me comentaron non é moi problable xa que non me doe moito.
Pero non vos preocupedes que non é grave, o meu traballo é de estar diante do ordenador polo que non utilizo moito as pernas, o que me fastidia é non poder seguir indo con esta xente en bicicleta, sobre todo tendo en conta que se nos apunta tamén Diego, que é todo un profesional do tema.
Aproveitarei o repouso obrigado para tratar de sacar adiante un par de ideas que teño para unas curtas.
Por fin me din de alta en Panoramio, xa tiña ganas, metín xa algunhas fotos e inda quero ir metendo máis, se queredes ver as que xa metin desde aqui podedes acceder, pero déixovos un pequeno aperitivo.

Se vos gusta un pouco a fotografía paisaxística Panoramio é o mellor non deixedes de facerlle unha visita, poderedes visitar lugares recónditos sen ergervos da silla. Tamén a podedes ver desde google earth. Por certo xa saberedes que Panoramio foi a primeira web española comprada por Google.
Xa estou de volta, por fin, volvo a escribir neste pequeno recuncho do ciberespacio, cas mesmas intencións de sempre, a ver se logro actualizar mais a miudo, polo de agora estou restaurando o blog xa que cambiamos o servidor, o meu erro foi que non gardei a base de datos e non podo restaurar posts vellos polo que terei que espabilar e meter novos posts.
Bueno, un saúdo e a ver vai saíndo…