Concertazo de Odaiko
Sábado, Abril 19th, 2008Quero aproveitar para mandar desde aquí un saúdo aos membros de Odaiko, onte pola noite nos fixeron desfrutar cun concertazo na sala Capitol de Santiago de Compostela. Eu xa teño visto os seus concertos porque contaron comigo para a realización dos vídeos que proxectan durante os seu concerto mentres tocan (vídeos que xa estou desexando retirar por outros novos porque a verdade é que se podería facer algo mellor, agardo que sigan a contar comigo).
Pero onte desfrutei con eles, sorprendéronme cando utilizaron un sacho como instrumento e pensar que van ir a Taipei (Taiwan) ao festival Internacional de Percusión, bueno, o sacho, as pandeiretas e eles mesmos bailando unha muiñeira. Só me queda desexarlles ¡Sorte en Taipei rapaces!
Máis info en Sondarede.com, Odaiko.es









