Gravatar, pequena aclaración para usuarios deste blog.
Mércores, Abril 16th, 2008
Vexamos, vin que varios dos que deixastes comentarios neste blog non tedes avatar. Este blog saca os avatar de Gravatar.com. O proceso é sinxelo, rexistrádesvos nesa web e subides unha imaxe, a propia páxina xa ten un sistema para axustar o tamaño da imaxe (que non pode ser de máis de 80×80).
Grávatar asocia a imaxe que subades a un correo electrónico, que ten que ser voso xa que enviará un mensaxe de confirmación. Cada vez que deixedes un comentario nun blog compatible con Grávatar, coma este, sairá automáticamente a imaxe que teñades asociada a ese correo-e, se tedes varios correos podedes asocialos a diferentes imaxes, ademáis se cambiades a imaxe esta cambiarase simultáneamente en tódolos sitios onde deixastes os comentarios.













