º Regresar á páxina principal º

O meu director

Se me preguntaran que director é o meu favorito posiblemente non sabería moi ben que contestar, Ridley Scott (Blade Runner, 1982) sería un bo candidato, Alfred Hitchcock (Psicosis 1960) é mención obrigada, Woody Allen (Granujas de Medio Pelo, 2000) gústame cada vez máis, pero hai un, un director que non leva tanto tempo coma estes traballando pero do que coñezo a maioría dos seus traballos e me parecen impresionantes M Night Shyamalan, pode que asi non saibades claro quen é, pero se vos digo “El Sexto Sentido” (The Sixth Sense, 1999) seguro que caedes.

Que decir dun home a quen aos 8 anos lle regalaron unha super8 e aos 17 xa tiña feitos uns 45 curtametraxes caseiros. Seu nome real é Manoj Nelliyatu Shymalan, naceu na India pero trasladouse cos seus pais, ambos médicos, a EEUU, residindo en PhiladelPhia cidade que usará de escenario para moitos dos seus filmes. Formouse na Tisch Shool Of Arts de New York.

Nesta foto vémolo dirixindo a Paul Giamatti (dereita) en La Joven del Agua.

El mesmo dirixe, escribe e produce case todalas súas películas e mesmo aparece nelas en plan cameo ou metendose en papeis de personaxes secundarios de certa importancia. Ademais polo que lin del é moi esixente e perfeccionista co seu traballo, planificando ata o derradeiro detalle dos seus filmes, algo común en moitos dos mellores directores de cine.

Filmografia de Shyamalan

As súas duas primeiras películas Praying With Anger,1992 na que toca os seus orixes indios e Los Primeros Amigos, 1996 na que o protagonista é un neno que busca respostas á morte do seu avo. Inda non puiden ver ningunha das dúas polo que pouco podo dicir delas e, inda que a primeira non se estreou en España, a ver se logro conseguilas.

Shyamalan traballa a historia tratando de conseguir tramas canto menos innovadoras, con xiros inesperados pero sempre cun tratamento realista e creible polo que as súas películas sempre sorprenden, comezando por ”El Sexto Sentido“ que nos deixou de pedra con ese final inesperado, e que se convertiu nun referente xa que despois da súa estrea comezaron a proliferar e poñerse de moda filmes polo estilo en plan thriller sobrenatural e psicolóxico algúns deles moi bos, pero que beben directamente do orixinal (por exemplo Los Otros, Alejandro Amenabar 2002).

Un exemplo como “El Protegido” (Unbreackable, 2000) inda que non tivo moito éxito a min paréceme moi orixinal mesmo consigue ser unha creíble historia de heroes e villanos, en “Señales” (Signs 2002) trata de contarnos unha historia de extraterrestres que invaden a terra, podemos pensar que un argumento máis que trillado, pero nela casi non se ven naves espaciais nin bichos, so unha familia que trata de sobrevivir, quédome ca secuencia na que emiten por television a primeira imaxe tomada dos invasores, unha secuencia que inda a vexo agora e me segue a poñer nervioso.

Con “El Bosque” (The Village, 2004), conta unha historia de amor en circunstancias especiais, e se o final de El Sexto Sentido é memorable, nesta tamén nos sorprende cun xiro inesperado. Inda que ten momentos de tensión e algún sobresalto eu non é un filme de terror en absoluto, se tedes dúbidas aqui deixo un enlace que vos animará a vela onde din dela que é unha “estupenda parabola sobre o poder do medo”.

La Joven del Agua” (Lady in the Water, 2006) foi a súa última película, e teño que dicir que me encantou, é un conto de fadas para adultos, fantasía para xente madura, un xénero difícil de atopar, é unha película desas cas que un disfruta, cas que un se queda cun bo sabor de boca. Vina de novo fai pouco e sígueme a parecer excelente, inda que admito que ten un pequeno erro, está cargada con demasiados personaxes algúns innecesarios.

É curioso como nesta película Shyamalan se venga do gremio de críticos de cine introducindo coma personaxe a un crítico e ridiculizándoo, non conto máis que os destripo cousas e iso non mola.

E fun ligando cada título de cada película ás súas correspondentes críticas, xa que eu son case incapaz de dicir nada malo delas, podedes aproveitar para lelas, en moitos casos non son moi boas pero a min ségueme entusiasmando o traballo deste director. Tanto con El Bosque como con La Joven del Agua a campaña publicitaria non foi moi acertada, os trailers destas películas parecían anunciar filmes de terror cando non é así en ningún dos dous casos, si ben é certo que a Shyamalan lle gusta meter algun susto que outro nos sus filmes e cargalos dunha admosfera de suspense en certas secuencias non é unha constante ao largo de toda a cinta, mesmo nin en El Sexto Sentido, por iso penso que algunhas das suas películas non tiveron o éxito desexado, porque estaban anunciadas de xeito que atraían a un público equivocado.

Tamén parece que a este director lle gusta repetir con actores, Bruce Willis é protaconista en El Sexto Sentido e en El Protegido, Joaquin Phoenix participa en Señales e repite en El bosque con Bryce Dallas Howard, filla do director Ron Howard (El Codigo Da Vinci, 2006), que á súa vez volve aparecer como La Joven del Agua. Cabe destacar que nas películas de Shyamalan os actores fan sempre un bo traballo polo que entendo que este director sabe como sacar o personaxe de cada un dos actores cos que traballa.

A cor vermella, por algún motivo Shyamalan utiliza esta cor nos seus filmes sempre con coidado, en El Sexto Sentido está presente en escenas de tensión como cada vez que Cole, o neno,  ten encontros con fantasmas en El bosque esta cor ten connotacións malignas e sobrenaturais xa que atrae aos misteriosos monstros habitantes dos bosques. E en La Joven del Agua vermellos son os ollos do animal que persique á moza. Shyamalan sempre relaciona esta cor, a cor do sangue, con algo maligno.

Quero aproveitar para  avisar de que a súa vindeira película ten prevista para o 13 de xuño a súa estrea en EEUU déixovos un enlace ao trailer pero eu non o quero ver, The Happening, encántame ir ao cine sin ter nin unha mínima idea de que vai a película, de feito sen querer xa souben algo desta.

The Happening

Insisto que non vin o trailer pero se o vedes non vos fiedes moito, non vaia pasar como con as anteriores películas. Penso ir vela so polo feito de ser un filme de Shyamalan, non necesito máis.

Por certo, a Shyamalan  encántalle facer cameos nas súas películas: en El Sexto Sentido é o médico que atende ó neno, en El Protegido un presunto traficante de drogras, en Señales o que mata por accidente á muller do protagonista, en El Bosque o guarda que ten as medicinas que necesita a protagonista e en La Joven del Agua xa fai algo máis que un came encarnando a un dos secundarios máis importantes, un escritor que … pero non quero contar moito, é mellor vela.

4 Respostas a “O meu director”

  1. MoebiuZ dixo:

    Bah! Lucas gana máis cartos, polo tanto é mellor.

    [Reply]

  2. Sergio dixo:

    Non necesariamente, hai moitos artistas que morreron na máis absoluta pobreza e agora os seus traballos estan considerados obras de arte. Inda así non creo que Shyamalan morra na pobreza.

    [Reply]

  3. Mercedes Seixo dixo:

    Pois a min pasoume o que ti comentas…o cine de terror non me gusta demasiado, aínda teño visto moitas películas dese tipo, o caso é que o non fun ver nin el bosque nin la joven del agua polo traileer, que como ben dis moitas veces é un engano o que verdadeiramente vas ver na peli. A que si me gustou moito foi “El sexto sentido”, non coñecía o director nin o seu nome pero pareceume interesante así que animareime a alquilar algunha destas.

    [Reply]

  4. esfenodon dixo:

    Un gran director bastante incomprendido por mucha gente. Un lujazo ver unas películas tan originales hoy día que todo parece tan repetido.
    Ojalá disponga siempre de presupuesto para seguir haciendo libremente sus filmes.

    Muy guay el post sobre este hombre. n_n

    [Reply]

Deixa unha resposta