º Regresar á páxina principal º

Noraboa Guti

Quero aproveitar este recuncho para felicitar a un amigo polo éxito da súa curtametraxe presentada o pasado 25 de setembro na Fnac de A Coruña, a curta titúlase 18.1 e podedes coñecer máis dela neste microsite, ou no seu blog, a devandita curta inda non acadou ningún premio, que eu saiba, pero pode chegar a ser unha boa candidata en calquera festival que se digne a acollela. Non vou adiantar nada sobre a curta porque non quero destripala pero vale a pena vela, é interesante e, inda que en certos momentos o nivel de interpretación dos actores non é o desexado a curta aséntase sobre una historia interesante e con final inesperado ¿que máis pedir?. 

Quero, ademais, desde este blog, facer unha pequena homenaxe a Guti, foi el quen me meteu o gusanillo polo mundo audiovisual cando fun probar sorte na Coruña e é el o que sempre me anima a realizar a miña curtametraxe o que conta comigo para este tipo de cousas e que espero siga a contar. Tamén me quero desculpar desde aqui por non ir ver a presentación na Fnac, pero cousas de traballo, xa se sabe.

gutispielberg.jpg

Non puiden evitar facer esta montaxe, curiosa a cara de Guti, e o da gorra… hai que aprender dos grandes.

Unha Resposta a “Noraboa Guti”

  1. Barnikel dixo:

    Jajajaja, ottia, tío, pasácheste… igualiño, igualiño… sobre todo a curta… jajaja…
    Unha mágoa que non puiderades vir, pero xa imaxinaba que non sería posible.
    E non sabía eu que te influíran tanto os meus ánimos, pero o mérito é todo teu, eu só te animo para ver se me metes no saco e termino participando nun dos teus proxectos. É puro egoísmo, jejeje… Por certo, que xa teño moito máis perfilada a próxima curta (esa que che comentei), ¡agora non te me botes atrás, que te teño fichado!
    Moitas grazas polo post, en serio que me chegou dentro, jejeje…

Deixa unha resposta