Lembrando vellos traballos
Fai case dous anos participei coma operador de cámara nun spot para televisión producido por Tres Deseos e dirixido por Martin Gauvreau, si, o director de Alicja Wonderland, foi nese traballo, durante eses dous días de gravación cando coñecin a Martin, quen despois duns meses me voltaría a chamar para pedirme que participase na sua curta.
Martin non quedou moi contento co spot orixinal e quixo facer unha “montaxe do director” que colgou na súa web ademáis tamen puxo unha serie de fotos do “making of” nas que estou inda que non se me recoñece polo que tiven que “sinalar” a miña posición.
Máis fotos do “making” aquí. Despois da curta inda voltei unha vez máis a traballar con Martin e Tres Deseos nun spot no que gravamos imaxes dun coche en movemento para que posteriormente as usaran de referencia para os movementos e dinámica xa que no spot o coche era infografia 3d. Pódese ver aquí.










24 Marzo, 2009 en %H:%M
Crack!!! Mira que tardaches en compartir esto con nós…
25 Marzo, 2009 en %H:%M
Fai uns días escoitaba decir a un fotógrafo que se conseguía doce fotos boas ao ano xa se daba por contento, nunca garda relación as horas de traballo e a película gastada cos resultados. No cine pasa o mesmo, esos trinta segundos do Spot ten moitas horas de traballo as costas…¿ 80 horas, cen horas ?
Sergio reply on Marzo 26th, 2009 %H:%M:
Claro que trinta segundos de spot son moitas horas de traballo, sobretodo en publicidade, preproducción, gravación, montaxe e postproducción puf…. E se falamos de cine de animación xa nin che conto…