A punto de caramelo
Xa queda pouco para rematar a dichosa recreativa, ten o monitor de 25 pulgadas xa instalado e tanto a imaxe e o son funcionan perfectamente.
Tal e como conectei o audio poderei utilizar a recreativa coma unha tv no futuro, queda conectar o sistema eléctrico, a luz e pegarlle os últimos vinilos decorativos polo que a seguinte imaxe que suba xa sera a máquina finiquitada.
Inda teño un pequeno problema co vídeo nalgúns xogos (de feito en varios xogos que son bastante importantes) pero conto arranxalo co novo pc que doou Checha para a causa e a quen aproveito para agradecerllo.
Aquí vedes ao meu pai, a quen tamén agradezo o traballo e tempo que adicou á máquina, o meu irmán de «Beta Tester» e ao meu socio e amigo Antonio.








27 Outubro, 2008 en %H:%M
Ten unha pinta estupenda! E cabe no Mazda?
Sergio reply on Outubro 27th, 2008 %H:%M:
O caso e que colla no salón
Sergio reply on Outubro 27th, 2008 %H:%M:
faite un gravatar!!!
6 Novembro, 2008 en %H:%M
Boeno, podese dicir que a máquina sufriu un bó testing esta semana…jejeje!
hai que rematala e inaugurala en condicións!
Yeah!