Poor Man´s Steady Cam Test
Para quen non o saiba unha Steady Cam é un sistema formado por arnés, brazo e contrapesos que consegue estabilizar unha cámara en planos nos que o operador realiza movementos coma subir escaleiras, correr etc conseguindo unhas imaxes cun movemento moi suave e atenuado. Pero ten un inconvinte, é moi cara, polo que a alguén se lle dou por inventar a “Poor Man´s Steady Cam“.
A Steadicam do pobre, bueno é o nome que elixiron os que idearon este invento, xa estivemos facendo as primeiras probas, e aquí deixo as primeiras imaxes, que por certo subín a vimeo para tamén probar este servizo de vÍdeo, non todo vai ser youtube inda que agora que xa soporta HD non era moi necesario.
Non quedou moi fino, a verdade é que o equipo pesa case os 6 kg e eu sempre tiven os brazos algo febles, o modelo é Uxio a quen agradecin a súa participación como modelo metendo unha música no vídeo que el mesmo elixiu.
O aparello está formado por tres pezas que se unen enroscan nunha T, inda me falta rematar correctamente o anclaxe das pesas para o que necesitarei a axuda dun torneiro que lles faga unha rosca interior, teño que agradecer a colaboración con este aparello a meu pai que me deixou a ferramenta para facer as roscas no tubo galvanizado (terraxa), a Jose Manuel Míguez (o da gasolinera) que me fixo de soldador e a José Manuel Santiso (o outro da gasolinera).
Fáltanos algo máis de práctica porque despois de ver o vídeo dos inventores do trebello coido que se poden sacar imaxes mellores. Pode que teña que acortar un pouco o pau de abaixo e quitarlle peso, probamos con 2+1 kg e penso que chega con dous, a cámara pesa 2,600. Seguiremos probando, deixo o vídeo dos inventores para que comprobedes que o cacharro funciona.










26 Marzo, 2009 en %H:%M
Xa o fixeches!!! Si señor, a ver se vou a Verín e me botan unha man os meus colegas, que aquí non hai loxística…
A darlle caña, que hai que sacarlle máis partido!!!
Sergio reply on Marzo 26th, 2009 %H:%M:
Pesa moito, teño que facer unhas sesións de ximnasio para poñerme en forma
14 Abril, 2009 en %H:%M
J.Míguez, Uxio Fdez…moita man de obra de Dorvisou, jajaja
Noutros tempos, a xente da Vila adicaba o seu tempo libre a outras cousas.