º Regresar á páxina principal º

Tarta de Gominolas de Hello Kitty

Unha pijotada que case non ven a nada neste blog, pero quería deixar constancia deste pequeno “divertimento” que quixo realizar a miña muller para o aniversario dunha curmanciña dela namorada de hello kitty.

Tratase dunha tarta de gominolas montada sobre unha estrutura de poliexpán. Para recortar o poliexpán imprimeuse unha hello kitty (en gris para aforrar tinta) que fixo de modelo como se ve na foto. Tamén recortamos unha peza para alzar máis a silueta ca idea de meter máis gominoladas.

Tomamos como referencia outras tartas deste tipo e comprobamos que o poliexpán estaba envolto en papel albal co que conseguimos hixiene e estética.

Escollemos unha selección de larpeiradas desas que volven tolos aos rapaces, sempre pensando en igualar as cores da orixinal, vestido vermello, corpo branco, nariz amarelo, laciño e bigotes. Para o lazo usamos unhas línguas de regaliz.

E obtivemos unha tarta de Hello Kitty bastante resultona, ben cargadiña de gominolas e moi barata.

Sen respostas a “Tarta de Gominolas de Hello Kitty”

Sen comentarios

Deixa unha resposta