º Regresar á páxina principal º

3º Premio no concurso

Non contaba levar nada pero, todo hai que dicilo, a competencia non era demasiado forte, exceptuando as fotos de Rafa que poderían todas as gañadoras, xa que, fotográficamente eran as mellores e o tema tratado penso que o respetaban bastante. 

O premio foi un marco dixital co que por certo me estou pelexando xa que non son capaz de facelo reproducir vídeo é nas instruccións pon que se pode. O primeiro (unha cámara de vídeo) premio foi para, como non, unha muller, cunha foto na que se ven dous pescadores de río, un deles unha muller claro. O segundo (unha camara de fotos dixital) para Rafa cunha foto na que se vé unha rapaza nunha clase de electricidade, sendo os seus compañeiros todos homes. Inda que a que merecía o premio era unha foto dunha señora da limpeza traballando, tamén de Rafa pero claro, tratándose o tema “A Muller en Igualdade” encaixaba mas esta da futura electricista. E a miña pois é a primeira da seguinte galería, na que vemos a un home (meu pai) pasando o ferro. As outras son as fotos cas que concursei como veredes son similares, os efectos aplicados son varios que xuntos fan o chamado efecto dragan inda que non o apliquei de xeito estricto

3 Respostas a “3º Premio no concurso”

  1. Barnikel dixo:

    ¿Pódense ver todas as fotos do concurso nalgunha web?

    Sergio reply on Marzo 11th, 2009 %H:%M:

    Non, no noso concello non saben o que é unha páxina web. Tiña idea de tratar de meter aquí polo menos as dúas gañadoras.

  2. Paco Penas dixo:

    Entender de páxinas web non, pero son capaces de pagar 30.000 euros por unha e despois nunca máis actualizala :-(

Deixa unha resposta