Álbumes Web en Picasa
Estiven comparando Flickr con Picasa e decanteime por este último, un servizo de google para subir fotografías moi útil, ademais descargas unha aplicación que busca as imaxes do teu pc e permíteche organizalas de xeito moi cómodo.
Aquí vos deixo un enlace aos meus álbumes web de Picasa, polo de agora inda teño poucas fotos pero tratarei de subir máis ao longo desta semana.
Tamén lembro que os meus enlaces a Panoramio e o meu canal en Youtube están na sección «Sobre Min«







13 Outubro, 2008 en %H:%M
Eu tamén prefiro Picasa á Flickr, pero para os COMPIES fixen unha conta neste último porque o iPhone ten unha aplicación para subir as fotos directamente, e iso está moi ben, porque ganas en flexibilidade, mobilidade e inmediatez. É o bo de Flickr, pero para o resto Picasa supérao (penso eu). Sobre todo falando de versións gratuítas…
¿Cando nos das unha volta no teu Mazda?