O feismo na nosa vila
Onte, sábado tarde, tomamos a decisión de arrincar co coche, cámara en man, para facer unhas cantas fotos de elementos de feismo arquitectónico no noso municipio ca fin de envialas á Voz de Galicia para que fosen publicadas nos seus álbumes fotográficos sobre estes temas, que podedes ver aquí.
Non lle adicamos moito tempo e tampouco nos movemos demasiado lonxe de Vila de Cruces (capital do municipio), pero foi suficiente para atopar diferentes aberracións arquitectonico-decorativas. Os peches de fincas a base de somieres de ferro son clásicos case que os utilizan de xeito rutinario coma se fora o máis lóxico e normal do mundo o mesmo ocorre cos corjos-bañeira, si, bañeiras de ferro convertidas en bebedeiros para o gando no noso curto percorrido chegamos a atopar ata 6 bañeiras espetadas en verdes prados.
Tamén espellos retrovisores en postes, remolques convertidos en casetos, mistura de materiais constructivos etc…. A ver cales nos meten na voz, en calquera caso probablemente fagamos algún tipo de exposición, isto so foi o primeiro “paseo” faremos máis.








14 Abril, 2008 14:34
Estivo bena ruta…non consigo esquecer ese espello de cohce (carcasa incluida, eu creo que un Opel Corsa) espetado nun pao para facer de axuda para sair do garaxe da casa…demasié….