º Regresar á páxina principal º

O meu primeiro concurso fotográfico

Hoxe participei por primeira vez nun concurso fotográfico.

O concurso está organizado polo Concello de Vila de Cruces e o tema das fotografías é “A muller en igualdade”, non vou desvelar as fotografías ata a entrega de premios pero non vai a haber que esperar moito será este domingo. Tampouco teño demasiadas esperanzas de gañar pero a ver que pasa, porque ao mellor hai baixa participación e teño sorte.

Nas fotos quixen experimentar cun efecto chamado dragan pensado especialmente para retratos inda que nas fotos que enviei non sae ningunha cara. O efecto é bastante interesante e pódense obter resultados moi vistosos, tamén e certo que agora que me fixo véxoo aplicado por todos lados.

3 Respostas a “O meu primeiro concurso fotográfico”

  1. Barnikel dixo:

    Lémbrame á fotografía de “Carnivale”, a ver se hai sorte!!!

    Sergio reply on Marzo 6th, 2009 %H:%M:

    Non sei cal dis. Por certo cal era o autor da foto aquela que estivéramos analizando no bar, a dunha parella apoiada na barra dun bar de carretera na que se inspiraron os directores de arte de Blade Runner??

Deixa unha resposta