º Regresar á páxina principal º

Unha semana movida

Este ano o inverno está sendo doente, non fai moito que nos sorprendeu una nevarada ben gorda e esta semana outra inda que nos colleu un pouco máis preparados, o que si nos pillou desprevenidos foi a cicloxénesis explosiva que azotou o norte do país. O seu paso pola Vila de Cruces deixou unha profunda pegada, ademáis de quitarnos a luz durante a noite do venres aos das Cruces e durante toda a fin de semana a gran parte do térmo municipal, o vento tirou árbores, levantou tellados e destrozou as columnas da praza deixando mostra de que a obra pública é un pouco máis sensible aos avatares meteorolóxicos.

Deixo unha pequena galería fotográfica, agardo que vos guste.

http://picasaweb.google.com/sergiodemella/InclemenciasDoTempo#

3 Respostas a “Unha semana movida”

  1. melissondria dixo:

    Ola, Sergio!!!
    Gracias por subi-las fotos, asi vexo cos meus propios ollos o q me contan por telefono. Moi certo o das obras publicas…
    Saudos cordiais

  2. Barnikel dixo:

    A nós colleunos volvendo de Sada, e tivemos que dar a volta e ir por Oleiros, porque caíu unha árbore na calzada e era imposible cruzar. Tamén tirara un poste da luz coa caída. E contenedores polo medio da estrada, ramas, basura, etc… Unha noite movidiña, si. Compénsase coas bonitas estampas da neve…

  3. leticia dixo:

    grazas polas fotos
    as da neve porque os do instituto
    e a praza dan pena
    menos mal que ningen se mancou

Deixa unha resposta