º Regresar á páxina principal º

Atrapado pola rede social, estou en Facebook

Pois tardei en decidirme a apuntarme a unha rede social, por fin decidinme por Facebook, e penso que xa me chéga, non creo que me apunte tamén a Twiter nin ao Tuenti, penso que o Facebook xa fai suficiente servizo ademáis que tampouco teño tempo de estar encima de tantas cousas.

Facebook logo

Por de pronto a experiencia está resultando interesante, o rexistro é bastante rápido e nada máis facelo quedei abraiado da cantidade de xente próxima a min que xa estaba metida no Facebook este.

Inda non metín fotos nin nada, o que non entendo é que vou facer agora que me din de alta en Picasa, e me parece que funciona moi ben pero resuta que o Facebook tamén ten para subir fotos inda que non creo que chegue a usalo paréceme unha tontería ter a mesma foto subida en varios sitios supoño que de usalo faríao subindo fotos que non suba a Picasa, o tempo dirá…

Tamén me metín no grupo de «Exalumnas da Compañía de María» jeje, si, e que alí estudei B.U.P. e C.O.U. a ver se me reencontro con algún antigo compañeiro ou compañeira.

Se queredes atoparme en facebook buscade por «Sergio Mella Iglesias» ou facede clic aquí. Agora a coleccionar amigos …

3 Respostas a “Atrapado pola rede social, estou en Facebook”

  1. Barnikel dixo:

    Algo que me pareceu moi ben do Facebook (porque eu tamén teño Picasa, e Flickr para os COMPIES) é que podes enlazar as túas galerías de Picasa e Flickr coa túa conta de Facebook. Así cando subes fotos aparecen no teu «muro», e a xente entérase igual. Sería unha parvada e unha perda de tempo ter que subir as fotos a Flickr, Picasa, MySpace, Facebook e ó resto… As redes sociais estánse a propagar, pero como non empecen a integrarse e compatibilizarse unhas con outras, os usuarios imos mandar todo ó carallo…

    Así que eres unha exalumna… ;)

    Sergio reply on Novembro 19th, 2008 %H:%M:

    A conexion Facebook-Picasa é relativa, non se ve no Facebook o que subes aos teus albumes web de Picasa, senon que ca apliación de Picasa tes un plugin para subir a Facebook, polo que decides a hora de subir se queres que se suban as fotos ao Facebook ou aos teus Álbumes web de Picasa, pero bueno, está ben, supoño que subirei as fotos que me fagan certa coña ao fecbook pero terei o groso de fotografías no Picasa.

    Jeje, o de exalumna téñoo que asumir, nese colexio sempre que xeneralizaban dicían «Cualquiera de vosotras puede aprobar» ou «Todas al recreo» … iso si que era lei de paridade. Por certo, os cuartos de baño eran mixtos…

    Barnikel reply on Decembro 22nd, 2008 %H:%M:

    Pois a min si que me aparece no Facebook cando subo fotos a Picasa, sen plugin nin nada…

Deixa unha resposta