Lesionado
Pois si, despois de conseguir xuntar un grupecho de xente que se animara a saír cada sábado pola tarde a dar un paseo en bicicleta resulta que me lesiono, e todo por culpa da miña torpeza, si, caín da bicicleta sen chegar a montar nela e o resultado: escordadura de xeonllo con posible rotura de ligamentos. Ala carallo, o da posible rotura inda non mo puideron confirmar pero polo que me comentaron non é moi problable xa que non me doe moito.
Pero non vos preocupedes que non é grave, o meu traballo é de estar diante do ordenador polo que non utilizo moito as pernas, o que me fastidia é non poder seguir indo con esta xente en bicicleta, sobre todo tendo en conta que se nos apunta tamén Diego, que é todo un profesional do tema.
Aproveitarei o repouso obrigado para tratar de sacar adiante un par de ideas que teño para unas curtas.
7 Abril, 2008 en 18:59
Pois a ver, porque entre a vosa cámara e a de Vic xa tedes para facer multicámara de calidade, e xa sabes que podes contar comigo, que eu apúntome a todas contigo!
[Reply]
8 Abril, 2008 en 2:00
Boas Serxio!!!
É unha mágoa o da caida xa que cada vez nos estabamos xuntando máis xente, pero non te procupes que seguiremos nos ata que esteas recuperados: Por certo, logo de marchares ti Kamello rompeulle cadea á bici, e claro como eu xa estaba algo canso chamamos a Pallares, eu subin con el e Javier continuou coa miñ máquina, o tema é que aos 10 min chamame picindo que pinchara, menuda mala sorte!!!
Un saúdo
[Reply]
9 Abril, 2008 en 12:34
Eso pasavos por andar a silbar na bici en lugar de atender ó que estades.
[Reply]