º Regresar á páxina principal º

Superman

Cando era ben pequeno, coido que uns 5 ou 6 anos, lanceime ao vacío dende unha altura de máis de 3 metros ca esperanza de voar, non foi así e voei pero en liña recta cara o chan, seica non me pasou nada agás que papei un susto que durmín dende ás seis da tarde ata as once da maña do día seguinte. Non comprendía nada, mesmo tiña a miña capa posta, esa que usara no entroido, pero non tiña poderes.

O Logo de Superman, o mítico s que leva sempre no peito.

Nesa idade disfraceime de Superman non sei cantos entroidos seguidos, pero non podía disfrazarme doutra cousa. E foi Superman a primeira película que vin no cine, polo menos a primeira que lembro, non sei se foi iso o que me influenciou pero sempre foi un persoaxe que me gustou, e nunca lin os seus comics, nin sequera me atraen (prefiro marvel), eso si leo moito a Superlopez, do que teño tódolos seus números, que podemos dicir é a versión patria de Superman. Inda agora me fai ilusión sentir o seu anagrama no peito, fai anos cando inda non se vian as camisetas de Superman eu xa tiña unha que escarallei de tanto poñer, mesmo tiña no meu coche uns vinilos con ese logotipo (agora teño a vacaloura de lucanus), ata o meu chaveiro da chave do coche é o s de superman.

E este ano polo entroido non parei ata mercar un disfrace de Superman, aproveitando que Experi quería o de Spíderman, non vos perdades as fotos, o disfrace téñoo gardado, non descarto para nada volvelo usar.

Non sei se é fanatismo, ou que simplemente me gusta, incluso un dos meus soños recurrentes é que podo voar, e inda sigo vendo as súas películas cando teño oportunidade, desfrutei ca última que fixeron inda que botando de menos a Cristopher Reeve, xa están preparando a segunda parte Superman O Home de Aceiro espero que fagan moitas máis, das “ochenteras” fixeron ata Superman IV. O que non vexo moito é Smallville, debe ser porque o tipo nin voa, nin pon o traxe, e esta sempre chorando por Lana ¡se total xa sabemos que vai a acabar con Lois!.

E é agora cando máis desexaba ser coma el, así non estaría na casa con “la pata quebrada”.

Sen respostas a “Superman”

Sen comentarios

Deixa unha resposta