Reportaxe Galo de Curral 2005

5 de Decembro, 2009 por Sergio

Aquí vos deixo a reportaxe realizada na «XII Festa Gastronómica do Galo de Curral» celebrada o 29 de Maio de 2005 en Vila de Cruces. Este foi o derradeiro ano, ata agora, que fixemos a reportaxe do galo, e foi o máis profesional.

César Gómez «Checha» actúa coma reporteiro nesta realización multicámara con Césa Brea, Xavier Leiro e Pablo Aldrey coma cámaras xunto comigo, Sergio Mella, que fago de cámara e montador. Aquí deixo a lista de reproducción (4 vídeos).

Reportaxe Galo de Curral 2004

5 de Decembro, 2009 por Sergio

Este é o vídeo-reportaxe do Galo de Curral de Víla de Cruces realizado na «XI Festa Gastronómica do Galo de Curral» celebrada o 30 de Maio de 2005 en Vila de Cruces. Coma nos anteriores, eu, Sergio Mella, cámara e montador e César Gómez «Checha», reporteiro dicharacheiro.
É máis curto que os outros e a calidade de video non é optima porque daquela liábame cos formatos de vídeo. Aí tedes a lista de reproducción (2 vídeos).

Manifesto polos dereitos fundamentais en Internet

2 de Decembro, 2009 por Sergio

Aquí deixo o manifesto que anda a circular pola rede, gracias Barnikel (traducido por min ao Galego, descupade os posibles erros).

“Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sostible de modificacións lexislativas que afectan ao libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os periodistas, bloggers, usuarios, profesionis e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…

1.- Os dereitos de autor non se poden situar por enriba dos dereitos fundamentais dos ciudadáns, coma o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.

2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competende exclusiva  do poder xudicial. Nin un peche sen sentencia. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial – un organismo dependente do ministerio de Cultura -, a potestade de impedir ao cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.

3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, perxudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, entorpecendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.

4.- A nova lexislación proposta amenaza aos novos creadores e entorpece a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizouse extraordinariamente a creación e emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, se non de multitude de fontes diferentes.

5.- Os autores, coma tódolos traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas as súas creacións. Intentar soster con cambios legislativos a unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo entorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posible sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían buscar outro modelo.

6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, creíbles e asequibles e que se adecuen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para a fin que din perseguir.

7.- Internet debe funcionar de xeito libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.

8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, coma marco para o desenvolvemento dunha economía sostible e realista de cara ao futuro.

9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10.- En democracia as leis e as súas modificacións débense aprobar tras o oportuno debate público e consultando previamente a tódalas partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.”

Únete ao grupo de Facebook En defensa dos dereitos fundamentais en internet.

Máis info na Asociación de Internautas.

Reportaxe Galo de Curral 2001

1 de Decembro, 2009 por Sergio

En Maio de 2001, Checha máis eu decidimos facer un video-reportaxe ao estilo «Caiga Quien Caiga» durante a Festa do Galo de Curral e, despois de oito anos, decidín subilo a Youtube e aquí o tedes, esta partido en dous anacos pola limitación de 10 minutos de Youtube o que deixo aquí é unha lista de reproducción, o seguinte vídeo reproducirase automáticamente. Non sexades moi esixentes, eramos novatos tanto o cámara coma o reporteiro (e o montador…)

Martes de Comedia 2009

18 de Outubro, 2009 por Sergio

Xa se poden ver os monólogos do «Martes de Comedia» celebrado durante a Semana Cultural do 2009 (do 3 ao 8 de Agosto) en Vila de Cruces ca participación de: Félix Rodriguez, Ivan Lois, Sergio Mella e o gran Víctor Grande.

Aquí o deixo – trátase dunha lista de 11 vídeos.:

Tarta de Gominolas de Hello Kitty

17 de Outubro, 2009 por Sergio

Unha pijotada que case non ven a nada neste blog, pero quería deixar constancia deste pequeno «divertimento» que quixo realizar a miña muller para o aniversario dunha curmanciña dela namorada de hello kitty.

Tratase dunha tarta de gominolas montada sobre unha estrutura de poliexpán. Para recortar o poliexpán imprimeuse unha hello kitty (en gris para aforrar tinta) que fixo de modelo como se ve na foto. Tamén recortamos unha peza para alzar máis a silueta ca idea de meter máis gominoladas.

Tomamos como referencia outras tartas deste tipo e comprobamos que o poliexpán estaba envolto en papel albal co que conseguimos hixiene e estética.

Escollemos unha selección de larpeiradas desas que volven tolos aos rapaces, sempre pensando en igualar as cores da orixinal, vestido vermello, corpo branco, nariz amarelo, laciño e bigotes. Para o lazo usamos unhas línguas de regaliz.

E obtivemos unha tarta de Hello Kitty bastante resultona, ben cargadiña de gominolas e moi barata.

Víctor Grande, grande.

24 de Setembro, 2009 por Sergio

Vou adicar este post a Víctor Grande, un amigo que quere participar coma presentador no EBE09 (Evento Blog España) e pideu, a través do seu blog, que colgáramos este vídeo nos nosos blogs, e eu non lle vou fallar, inda que este, meu blog, non teña moitas visitas aquí o deixo esperando que sirva de algo e desexándolle sorte inda que non creo que a necesite alguén co seu talento.

Tedes máis no seu canal de YouTube

– ACTUALIZACIÓN 18 Outubro 2009 –

Finalmente Víctor superou o casting e será o presentador do EBE09. ¡Viva e bravo!

Parecidos Razonables, primeira entrega

25 de Agosto, 2009 por Sergio

Aqui deixo os 10 primeiros parecidos razonables, a ver se busco máis. Deixade un comentario con críticas, louvanzas ou suxerencias para o seguinte.

Parecidos RazonablesParecidos Razonables
Parecidos Razonables

Se a queredes ver máis grande, entrade no meu Picasa

Pequenos praceres #1: Talladiña de Polbo

8 de Maio, 2009 por Sergio

Vou inaugurar unha categoría deste blog chama «pequenos praceres» esas pequenas cousas que fan que a vida sexa máis feliz, e vouno facer cun pracer que tiven a ledicia de desfrutar onte na feira das Cruces (nas Cruces hai feira o 4 e 17 de cada mes).

Cando o día de feira o pulpeiro comeza a cocer o pulpo (e que iso de chamarlle polbo non me acaba de entrar) e sinto o arrecendo que solta éntrame a fame de súpeto entón voulle encargar unha racionciña para xantar e él, se é un bo pulpeiro, sempre ofrece unha talladiña para probar se está duro ou cocido de máis, pois trátase desa tallada, un anaco de pulpo que non leva nin aceite, nin sal, e cómelo da man do pulpeiro, ese anaco parece que ata sabe mellor que o que se come despois, e iso que eu son de botarlle bastante picante.

Non sei se será porque un o colle con fame, ou porque queda o sabor na boca mentres agardas a que cho sirvan pero a min é algo que me supera.

Preparando o IV Rali de Carretillas de Vila de Cruces

4 de Maio, 2009 por Sergio

Estamos a preparar o IV Rali de Carretillas de Vila de Cruces, agora mesmo estamos ca promoción da competición e preparando uns vídeos.

Ya está colgada a web www.ralidecarretillas.org desde a que, en breve, se poderán ver os vídeos e na que xa se poden ver fotografías das antigas edicións do rali. Co tempo iremos metendo a documentación deste ano pero, para quen non saiba de que vai, pode visitar a sección de Preguntas Frecuentes.

Logo do Rali de Carretillas