¡Estou en Panoramio!

28 de Marzo, 2008 por Sergio

Por fin me din de alta en Panoramio, xa tiña ganas, metín xa algunhas fotos e inda quero ir metendo máis, se queredes ver as que xa metin desde aqui podedes acceder, pero déixovos un pequeno aperitivo.

Cárcere

Se vos gusta un pouco a fotografía paisaxística Panoramio é o mellor non deixedes de facerlle unha visita, poderedes visitar lugares recónditos sen ergervos da silla. Tamén a podedes ver desde google earth. Por certo xa saberedes que Panoramio foi a primeira web española comprada por Google.

Alicja Wonderland

27 de Marzo, 2008 por Sergio

Déixovos aquí un enlace á web oficial da curtametraxe Alicja Wonderland na que participei como director de fotografía e operador de cámara, foi unha produción independente moi pequena, basta con ver os créditos, e rodada íntegramente en Polonia.
A idea era facer unha longametraxe de, polo menos, 90 minutos de duración pero diversos problemas de produción, entre eles económicos, non conseguimos gravar suficiente material e apenas chegamos aos 60 minutos, un tempo insuficiente para presentar a película en festivais polo que o director optou por facer unha curta duns 20 minutos que, inda que prescinde de moitas esceas que servirían para aclarar un pouco máis a trama, consigue contar unha historia interesante.

alicja.jpg

Se desexades ver a curta comunicádemo, posiblemente a proxecte no auditorio de vila de cruces pero terei que agardar a un día no que se celebren máis cousas porque ir ao auditorio por so 20 minutos algún non lle ía facer moita gracia.

O concepto nokia morph

26 de Marzo, 2008 por Sergio

Aquí vos deixo un impresionante video no que nokia nos resposta á pregunta “¿A onde imos?”, polo menos no ámbito gadgeto-tecnolóxico:

E todo isto será posible grazas á nanotecnoloxía, fusionando distintas tecnoloxías, actualmente en investigación, inda que agora pareza ciencia ficción non esquezamos que fai anos tamén o era un aparello no que se pode facer fotos, gravar vídeo, conectarse a internet, escoitar música, xogar ao Street Figther e mesmo falar por telefono, e todo nun aparatiño que colle no peto, so espero que isto non tarde demasiado en comercializarse…

Un mesmo aparello

Non podo deixar de decir o moito que me gustou a tipografía que escolleron para a palabra moph ademais da correcta realización do vídeo.

Tutorial: Aqua Effect Express

26 de Marzo, 2008 por Sergio

Neste breve tutorial vou expoñer como conseguir o chamado “aqua effect”, chámolle express porque este vai ser o xeito sinxelo e rapido para facelo. Utilicei o Adobe Flash, pero poderase facer con calquera programa de deseño gráfico xa que usa ferramentas básicas e comúns a todos eles.

Base

Primeiro debuxamos unha base, non é obrigatoria pero serviranos para facer un marco de cor ao obxecto en cuestión. Acto seguido debuxamos a seguinte figura cun degradado de cor, neste caso escollín un degradado vermello.

Cor

O seguinte será engadir o reflexo superior, que será un rectángulo de menor tamaño de cor branca cunha opacidade progresiva de 0% a 50%.

aquaexpres_03.jpg

Como vedes xa se podería dar por rematado pero compre engadir un detalle máis, un reflexo inferior, marqueino na imaxe de cor verde, debería ser un branco ao 20% de opacidade e acto seguido hai que desenfocalo (con flash Modificar / Forma / Suavizar bordes de relleno), testeade que cantidade de desenfoque é o óptimo, xa se sabe que o deseño grafico ten unha dosis moi elevada de “sentido común”

aquaexpres_04.jpg

Pois isto foi todo, xogando con esta pequena base pódense conseguir cousas bastante chulas e de xeito rápido.

aquaexpres_05.jpg

En próximos tutoriais evolucionarei un pouco sobre a idea do aqua effect para conseguir cousas máis espectaculares inda que, por suposto, incrementando un pouco a complexidade.

Veña pa adiante

5 de Febreiro, 2008 por Sergio

Xa estou de volta, por fin, volvo a escribir neste pequeno recuncho do ciberespacio, cas mesmas intencións de sempre, a ver se logro actualizar mais a miudo, polo de agora estou restaurando o blog xa que cambiamos o servidor, o meu erro foi que non gardei a base de datos e non podo restaurar posts vellos polo que terei que espabilar e meter novos posts.

Bueno, un saúdo e a ver vai saíndo…