Nada, só comentar un novo cambio nesta humilde páxina web. Cambiei a cabeceira (feita en flash por certo) de xeito que amosa imaxes e «citas célebres» de xeito aleatorio, por agora so ten 4 imaxes diferentes (e non creo que engada máis se non que as cambiarei) e 10 citas a maioría relacionadas co cine ou de personaxes cinematográficos.
Nada, se vos gusta ben e se non eche o que hai meus.
Este ano o inverno está sendo doente, non fai moito que nos sorprendeu una nevarada ben gorda e esta semana outra inda que nos colleu un pouco máis preparados, o que si nos pillou desprevenidos foi a cicloxénesis explosiva que azotou o norte do país. O seu paso pola Vila de Cruces deixou unha profunda pegada, ademáis de quitarnos a luz durante a noite do venres aos das Cruces e durante toda a fin de semana a gran parte do térmo municipal, o vento tirou árbores, levantou tellados e destrozou as columnas da praza deixando mostra de que a obra pública é un pouco máis sensible aos avatares meteorolóxicos.
Deixo unha pequena galería fotográfica, agardo que vos guste.
O título é provisional, este fin de semana toca grabación, non vou explicar moito de que vai o tema.
Mínima planificación, tocarame pelexar bastante ca montaxe…
-Actualización-
Bueno, a gravación non saleu como esperaba, fíxose de noite porque comezamos demasiado tarde por obrigas do matachín. Pero conto levar a cabo este proxecto inda que iso supoña esperar ao ano que ven á nova tempada de matanza. Paciencia.
Os galegos amantes do séptimo arte estamos de noraboa, fai uns días, o 8 deste mes concretamente, naceu Flocos.tv, unha iniciativa da Academia Audiovisual Galega ca que se pretende facilitar a promoción de producións audiovisuais galegas e facer accesible a súa visualización.
Polo de agora inda ten poucas producións pero van engadindo cada pouco, ademáis pódense ver a unha calidade óptima e por suposto completas, sen cortes. Xa puiden ver Coruña Imposible, curta que me recomendaran fai tempo pero hai unhas cuantas que valen moito a pena como Auga ou as de animación que inda son so tres.
Espero que algún día poida presumir de ter algún corto meu nesta web pero, teñamos paciencia.
¡Ah!, ademáis conta cun sistema de rede social en plan facebook pero moito máis simple, se te das de alta podes poñer enlaces ás túas webs e engadir amigos moi útil para coñecer xente do ramo.
Unha coñecida entidade bancaria galega publicou estes folletos para promocionar os seus plans de pensións, utiliza a imaxe do Equipo A para darlle sentido a o seu eslogan «Encántame que os plans saian ben», pero, supoño que por falta de cartos, non puideron contar con imaxes do equipo A real polo que non se cortaron un pelo e colleron a Manolo o conserxe e ó porteiro da discoteca do lado a un déronlle un puro e a outro quitáronlle a camisa e aplicaronlle un novo corte de pelo, unha sesion rápida de fotos por aquí, un render rápido da mítica furgoneta e listo.
Non entendo a que clase de freak se lle ocorreu semellante chapuza xa que quen non coñeza ao equipo A e que Hanibal soía dicir esa frase despois de cada misión non lle atopará ningún sentido, e quen si os coñeza darase conta, non so de que Hannibal e M.A. non son os que saen na foto, se non que inda reirá un cacho da tremenda chapuza, de feito seguro que en principio a idea era so poñer ao conserxe pero déronse de conta de que se entendía inda menos o chiste e engadiron o «fast 3d» e ao porteiro.
Polo menos podían esforzarse un pouco nos recortes porque vaia despiste:
Bueno, espero tardar en voltar a atopar chapuzas coma esta, inda que hai unhas cuantas, e non so por aquí, as veces visito www.photohopdisasters.com e boto unhas risas.
Martin segue a darlle voltas ao montaxe de Alicja, aquí vos deixo un enlace á súa ultima versión que, coñecendo a Martin non será a derradeira…
- 28/Nov/08-19:34: Vaia, acabo de vela, paréceme que cortou cousas de máis, todo o comezo no que o neno rouba a caixa co anel xa non está nesta versión, non creo que sexa boa idea, o que eu dixen, esta non será a derradeira versión.
Din que a terceira vai a vencida, por fin logrei que Worth1000 aceptara un dos meus traballos e aquí o tedes.
Esta vez concursei para tratar de ensinarlle un pouco como vai o tema a Uxio, o meu compañeiro de traballo, entramos en Worth1000, miramos os concursos abertos nese momento e despois dun par de dúbidas escollemos Fountain of Age (A Fonte da Idade) un concurso no que escolles un persoaxe famoso e lle cambias a idade, nos escollimos a Mister T, bueno, M.A. e optamos por facelo máis novo.
O resultado non é demasiado bo, como podedes comprobar, na foto orixinal Mr T di «u» e o neno esta sorrindo o ideal seria atopar a foto dun neno dicindo «u» pero non o demos atopado, ademais tiñamos pouc tempo polo que escollemos o rapaz rindo, o efecto queda bastante cómico e en Worth1000 déronnos un 5,8 ¡aprobado!, o seguinte traballo temos que tratar de facelo para facer podio polo menos. Ademáis nesta web a xente comenta e critica os teus traballos, as críticas soen ser boas e algunhas comentan pequenos erros como por exemplo a orella esquerda que esta colorada ou que deberia de haber máis sombras sobre o colar.
Aqui queda un vídeo do proceso, en tempo real foi algo máis dunha hora e media.
Pois tardei en decidirme a apuntarme a unha rede social, por fin decidinme por Facebook, e penso que xa me chéga, non creo que me apunte tamén a Twiter nin ao Tuenti, penso que o Facebook xa fai suficiente servizo ademáis que tampouco teño tempo de estar encima de tantas cousas.
Por de pronto a experiencia está resultando interesante, o rexistro é bastante rápido e nada máis facelo quedei abraiado da cantidade de xente próxima a min que xa estaba metida no Facebook este.
Inda non metín fotos nin nada, o que non entendo é que vou facer agora que me din de alta en Picasa, e me parece que funciona moi ben pero resuta que o Facebook tamén ten para subir fotos inda que non creo que chegue a usalo paréceme unha tontería ter a mesma foto subida en varios sitios supoño que de usalo faríao subindo fotos que non suba a Picasa, o tempo dirá…
Tamén me metín no grupo de «Exalumnas da Compañía de María» jeje, si, e que alí estudei B.U.P. e C.O.U. a ver se me reencontro con algún antigo compañeiro ou compañeira.
Se queredes atoparme en facebook buscade por «Sergio Mella Iglesias» ou facede clic aquí. Agora a coleccionar amigos …
Martin Gauvreau subeu tódalas súas películas á sua páxina web, desde ela poderedes ver o último montaxe (este xa definitivo) de Alicja Wonderland, na que eu traballei como cámara, e en HD.
A dirección www.levelgate.com e facedes clic no poster da peli que queirades ver.
Xa queda pouco para rematar a dichosa recreativa, ten o monitor de 25 pulgadas xa instalado e tanto a imaxe e o son funcionan perfectamente.
Tal e como conectei o audio poderei utilizar a recreativa coma unha tv no futuro, queda conectar o sistema eléctrico, a luz e pegarlle os últimos vinilos decorativos polo que a seguinte imaxe que suba xa sera a máquina finiquitada.
Inda teño un pequeno problema co vídeo nalgúns xogos (de feito en varios xogos que son bastante importantes) pero conto arranxalo co novo pc que doou Checha para a causa e a quen aproveito para agradecerllo.
Aquí vedes ao meu pai, a quen tamén agradezo o traballo e tempo que adicou á máquina, o meu irmán de «Beta Tester» e ao meu socio e amigo Antonio.