Nova entrada en Worth1000
Din que a terceira vai a vencida, por fin logrei que Worth1000 aceptara un dos meus traballos e aquí o tedes.
Esta vez concursei para tratar de ensinarlle un pouco como vai o tema a Uxio, o meu compañeiro de traballo, entramos en Worth1000, miramos os concursos abertos nese momento e despois dun par de dúbidas escollemos Fountain of Age (A Fonte da Idade) un concurso no que escolles un persoaxe famoso e lle cambias a idade, nos escollimos a Mister T, bueno, M.A. e optamos por facelo máis novo.
O resultado non é demasiado bo, como podedes comprobar, na foto orixinal Mr T di «u» e o neno esta sorrindo o ideal seria atopar a foto dun neno dicindo «u» pero non o demos atopado, ademais tiñamos pouc tempo polo que escollemos o rapaz rindo, o efecto queda bastante cómico e en Worth1000 déronnos un 5,8 ¡aprobado!, o seguinte traballo temos que tratar de facelo para facer podio polo menos. Ademáis nesta web a xente comenta e critica os teus traballos, as críticas soen ser boas e algunhas comentan pequenos erros como por exemplo a orella esquerda que esta colorada ou que deberia de haber máis sombras sobre o colar.
Aqui queda un vídeo do proceso, en tempo real foi algo máis dunha hora e media.







25 Novembro, 2008 en %H:%M
Pois a min déixasme abraiado, por moito que digas que é un «traballo menor». Hai que ver como lle pilotas ó Potochop… noraboa!
Sergio reply on Novembro 25th, 2008 %H:%M:
pois xa sabes, a carátula da túa vindeira curta podocha facer eu…
Barnikel reply on Decembro 22nd, 2008 %H:%M:
Uuuu, xa vas ter que facer moitoooo, non sei eu se terás tempo… Pero por min estupendo, eh…
25 Novembro, 2008 en %H:%M
Eu eso sería incapaz de facelo…candiola!
Sergio reply on Novembro 25th, 2008 %H:%M:
¡que dis! se non é tan difícil.
26 Novembro, 2008 en %H:%M
Xenial!! A parte de elexir unha das grandes personaxes do noso imaxinario para convertelo a un rapaz da idade na que nos o víamos a él cagándose de medo nos avións. A ver cando se che da por facer un videotutorial para ilustrarnos
Por certo, que programa usaches para a captura? O camptasia?
Sergio reply on Novembro 26th, 2008 %H:%M:
Si Camtasia Studio