Unha coñecida entidade bancaria galega publicou estes folletos para promocionar os seus plans de pensións, utiliza a imaxe do Equipo A para darlle sentido a o seu eslogan “Encántame que os plans saian ben”, pero, supoño que por falta de cartos, non puideron contar con imaxes do equipo A real polo que non se cortaron un pelo e colleron a Manolo o conserxe e ó porteiro da discoteca do lado a un déronlle un puro e a outro quitáronlle a camisa e aplicaronlle un novo corte de pelo, unha sesion rápida de fotos por aquí, un
render rápido da mítica furgoneta e listo.
Non entendo a que clase de freak se lle ocorreu semellante chapuza xa que quen non coñeza ao equipo A e que Hanibal soía dicir esa frase despois de cada misión non lle atopará ningún sentido, e quen si os coñeza darase conta, non so de que Hannibal e M.A. non son os que saen na foto, se non que inda reirá un cacho da tremenda chapuza, de feito seguro que en principio a idea era so poñer ao conserxe pero déronse de conta de que se entendía inda menos o chiste e engadiron o “fast 3d” e ao porteiro.
Polo menos podían esforzarse un pouco nos recortes porque vaia despiste:

Bueno, espero tardar en voltar a atopar chapuzas coma esta, inda que hai unhas cuantas, e non so por aquí, as veces visito www.photohopdisasters.com e boto unhas risas.
Esta entrada foi escrita
o Mércores, Decembro 3rd, 2008 ás %H:%M e está arquivada en Retoque Fotográfico.
Podes seguir as respostas a este post a través do RSS 2.0 feed.
Podes saltar ata o final e deixar unha resposta. O pinging non está permitido.
Escribindo o seu comentario.