Tecnívoros, un novo proxecto

Venres, Outubro 24th, 2008

Naceu Tecnívoros, un novo blog en galego que xestionamos desde Lucanus e que nace a partires dun microespazo no programa de Radio Lalín Entre Nos.

Xa están colgados a modo de podcast tódolos programas que gravamos cada xoves ás 11 da maña, exceptuando algúns que fixemos ao principio e que non se gravaron.

logotecnivoros.jpg

A idea deste blog e achegar as novas tecnoloxías a xente de a pe dando explicacións sinxelas sobre temas ou dúbidas habituais relacionadas coa informática e as novas tecnoloxías.

Somos varios os que escribimos neste blog ca idea de que medre e se actualice de cotío, como mínimo tera unha actualización semanal que será o podcast do programa en cuestión.

Xa sabedes: www.tecnivoros.com

Gravatar, pequena aclaración para usuarios deste blog.

Mércores, Abril 16th, 2008

Vexamos, vin que varios dos que deixastes comentarios neste blog non tedes avatar. Este blog saca os avatar de Gravatar.com. O proceso é sinxelo, rexistrádesvos nesa web e subides unha imaxe, a propia páxina xa ten un sistema para axustar o tamaño da imaxe (que non pode ser de máis de 80×80).

Gravatar

Grávatar asocia a imaxe que subades a un correo electrónico, que ten que ser voso xa que enviará un mensaxe de confirmación. Cada vez que deixedes un comentario nun blog compatible con Grávatar, coma este, sairá automáticamente a imaxe que teñades asociada a ese correo-e, se tedes varios correos podedes asocialos a diferentes imaxes, ademáis se cambiades a imaxe esta cambiarase simultáneamente en tódolos sitios onde deixastes os comentarios.