Poor Man´s Steady Cam Test

Xoves, Marzo 26th, 2009

 
Para quen non o saiba unha Steady Cam é un sistema formado por arnés, brazo e contrapesos que consegue estabilizar unha cámara en planos nos que o operador realiza movementos coma subir escaleiras, correr etc conseguindo unhas imaxes cun movemento moi suave e atenuado. Pero ten un inconvinte, é moi cara, polo que a alguén se lle dou por inventar a “Poor Man´s Steady Cam“.

A Steadicam do pobre, bueno é o nome que elixiron os que idearon este invento, xa estivemos facendo as primeiras probas, e aquí deixo as primeiras imaxes, que por certo subín a vimeo para tamén probar este servizo de vÍdeo, non todo vai ser youtube inda que agora que xa soporta HD non era moi necesario.

Non quedou moi fino, a verdade é que o equipo pesa case os 6 kg e eu sempre tiven os brazos algo febles, o modelo é Uxio a quen agradecin a súa participación como modelo metendo unha música no vídeo que el mesmo elixiu.

O aparello está formado por tres pezas que se unen enroscan nunha T, inda me falta rematar correctamente o anclaxe das pesas para o que necesitarei a axuda dun torneiro que lles faga unha rosca interior, teño que agradecer a colaboración con este aparello a meu pai que me deixou a ferramenta para facer as roscas no tubo galvanizado (terraxa), a Jose Manuel Míguez (o da gasolinera) que me fixo de soldador e a José Manuel Santiso (o outro da gasolinera).

Fáltanos algo máis de práctica porque despois de ver o vídeo dos inventores do trebello coido que se poden sacar imaxes mellores. Pode que teña que acortar un pouco o pau de abaixo e quitarlle peso, probamos con 2+1 kg e penso que chega con dous, a cámara pesa 2,600. Seguiremos probando, deixo o vídeo dos inventores para que comprobedes que o cacharro funciona.

Breve test da capacidade de vídeo da Sony Cybershot DSC-T2

Mércores, Febreiro 11th, 2009

Os reis este ano trouxéronlle á miña muller unha cámara de fotos compacta, tiña interese por ver como gravaba vídeo e que calidade conseguía, pensaba que daba máis pero non chega nin a resolución pal (tan so da a 620×480 con compresión mpeg).

Como cámara compacta para uso caseiro cumple todalas espectativas, a calidade das fotos é boa, a cor bastante correcta, e co modo automático o seu uso redúcese a apretar un botón, con todo seguirei preferindo a reflex dixital, e en canto ao vídeo, non grava mal, pero o seu é facer fotos, para mostra un botón:

Máis vídeos na miña canle de Youtube,

Para saber máis visita: www.tecnivoros.com

Alicja Wonderland

Xoves, Marzo 27th, 2008

Déixovos aquí un enlace á web oficial da curtametraxe Alicja Wonderland na que participei como director de fotografía e operador de cámara, foi unha produción independente moi pequena, basta con ver os créditos, e rodada íntegramente en Polonia.
A idea era facer unha longametraxe de, polo menos, 90 minutos de duración pero diversos problemas de produción, entre eles económicos, non conseguimos gravar suficiente material e apenas chegamos aos 60 minutos, un tempo insuficiente para presentar a película en festivais polo que o director optou por facer unha curta duns 20 minutos que, inda que prescinde de moitas esceas que servirían para aclarar un pouco máis a trama, consigue contar unha historia interesante.

alicja.jpg

Se desexades ver a curta comunicádemo, posiblemente a proxecte no auditorio de vila de cruces pero terei que agardar a un día no que se celebren máis cousas porque ir ao auditorio por so 20 minutos algún non lle ía facer moita gracia.