Chourizos e Augardente
Luns, Abril 13th, 2009Aqui deixo a curta que fixemos alá polo 2003 na escola de Imaxe e Son de Vigo que alguén se lle ocorreu colgar en Flocos.tv
Aqui deixo a curta que fixemos alá polo 2003 na escola de Imaxe e Son de Vigo que alguén se lle ocorreu colgar en Flocos.tv
Os galegos amantes do séptimo arte estamos de noraboa, fai uns días, o 8 deste mes concretamente, naceu Flocos.tv, unha iniciativa da Academia Audiovisual Galega ca que se pretende facilitar a promoción de producións audiovisuais galegas e facer accesible a súa visualización.
Polo de agora inda ten poucas producións pero van engadindo cada pouco, ademáis pódense ver a unha calidade óptima e por suposto completas, sen cortes. Xa puiden ver Coruña Imposible, curta que me recomendaran fai tempo pero hai unhas cuantas que valen moito a pena como Auga ou as de animación que inda son so tres.
Espero que algún día poida presumir de ter algún corto meu nesta web pero, teñamos paciencia.
¡Ah!, ademáis conta cun sistema de rede social en plan facebook pero moito máis simple, se te das de alta podes poñer enlaces ás túas webs e engadir amigos moi útil para coñecer xente do ramo.
Martin Gauvreau subeu tódalas súas películas á sua páxina web, desde ela poderedes ver o último montaxe (este xa definitivo) de Alicja Wonderland, na que eu traballei como cámara, e en HD.
A dirección www.levelgate.com e facedes clic no poster da peli que queirades ver.

Quero aproveitar este recuncho para felicitar a un amigo polo éxito da súa curtametraxe presentada o pasado 25 de setembro na Fnac de A Coruña, a curta titúlase 18.1 e podedes coñecer máis dela neste microsite, ou no seu blog, a devandita curta inda non acadou ningún premio, que eu saiba, pero pode chegar a ser unha boa candidata en calquera festival que se digne a acollela. Non vou adiantar nada sobre a curta porque non quero destripala pero vale a pena vela, é interesante e, inda que en certos momentos o nivel de interpretación dos actores non é o desexado a curta aséntase sobre una historia interesante e con final inesperado ¿que máis pedir?.
Quero, ademais, desde este blog, facer unha pequena homenaxe a Guti, foi el quen me meteu o gusanillo polo mundo audiovisual cando fun probar sorte na Coruña e é el o que sempre me anima a realizar a miña curtametraxe o que conta comigo para este tipo de cousas e que espero siga a contar. Tamén me quero desculpar desde aqui por non ir ver a presentación na Fnac, pero cousas de traballo, xa se sabe.
Non puiden evitar facer esta montaxe, curiosa a cara de Guti, e o da gorra… hai que aprender dos grandes.
Quero deixar constancia nesta bitácora de aquelas películas que marcaron a miña infancia, que me fixeron desfrutar atrapándome en historias aparentemente superficiais pero que servían de alimento para a miña imaxinación. Moitas de estas películas teñen cousas en común que xa non se atopan nos filmes de agora, que chegan a ser tan asépticos que perden interés.
Na decada dos oitenta e a comezos dos noventa desde os EEUU chegaban películas de entretemento nas que un rapaz ou unha pandilla corrían unha serie de aventuras, aventuras onde o rapaces arriscaban a súa vida, enfrontándose a terroristas, ladróns, asasinos ou ben coñecendo e protexendo seres fantásticos.
A miña intención é entón deixar constancia aquí dunha breve lista de películas que irei tratando de recuperar para poder velas de novo e voltar a sentir esa emoción que me fixeron sentir no seu dia e deixar levar a miña imaxinación, ademáis serviranme como referente para un proxecto que ando argallando.
A primeira non pode ser outra que Los Goonies (The Goonies, 1985 dir: Richard Donner, Guión: Steven Spielberg e Chris Columbus)
supoño que calquera dos que lexades isto lembraredes esta película co mesmo entusiasmo que eu e os que non saibades nada dela deberiades tratar de vela canto antes, o argumento é sinxelo un grupo de rapaces buscan un tesouro. O colorido apórtao a variedade de persoaxes que atopas na película cada un coa súa persoalidade propia, así temos ao protagonista principal que é un imaxinativo rapaz con problemas asmáticos, seu irmán maior que coma tódolos irmáns maiores lle toma o pelo e ademáis esta namorado, o gordiño gracioso ”Gordi” que non pode faltar, e para nós, como rapaces amantes da tecnoloxía e as modernidades, o favorito sempre era Data, un xaponés con aspiracións a ser Inspector Gadget que nos sorprende ao longo da película cos seus inventos. Ademáis a este actor xa o viramos noutra peli mítica: Indiana Jones e o Templo Maldito (Idiana Jones and The Temple of Doom, Steven Spielberg, 1984).
Que podo dicir de Los Goonies máis que é unha película de visión obrigada, polo menos, se xa tes máis de 8 ou 9 anos.
É que nestas películas os rapaces facían esas cousas que a calquera lle gustaría poder facer de neno, nos Goonies buscar un tesouro, en Una Pandilla Alucinante (Monster Squad, 1987, dirección e guión de Fred Dekker) un pequeno grupo de rapaces ten que se enfrentar aos máis clásicos monstros do cine: Drácula, A Momia, Frankenstein, O Home Lobo, e non sei se algún máis. Todo contado de un xeito bastante desenfadado ridiculizando a estes monstros e cun nivel bastante elevado de violencia gratuíta ¿que máis podemos pedir?. Deixo o trailer en castelán que atopei en youtube. Por certo, hai unha versión española de esta peli, Buenas Noches Señor mostruo protagonizada polo grupo Regaliz, bastante más light.
E se con esta pandilla alucinante nos entraron ganas de loitar contra diversos monstros con Jóvenes Ocultos (The Lost Boys, 1987, dir. Joel Shumacher, varios guionistas)
quixemos combatir aos vampiros. Nesta película temos de novo a un grupo de rapaces que expón a súa integridade para loitar contra un perigo, un grupo de vampiros, totalmente recomendable. “Mi hermano es un vampiro, verás cuando se entere mamá”.
Xa nos noventa temos unha das miñas ultrafavoritas tíñaa gravada nunha VHS que escarallei de tando ver Operación Soldados de Juguete (Toy Soldiers, 1991, dir Daniel Petri Jr, guión Daniel Petri Jr e David Koepp adaptación da novela de William P. Kennedy). Neste filme volve aparecer Sean Astin o mesmo que fixera de protagonista en Los Goonies e que recentemente encarnou ao hobbit Sam en “El Señor de Los Anillos“, e ten máis películas na súa filmografía que son dignas de saír nesta lista.
Atopámonos cun grupo de rapaces que teñen que defender o seu instituto duns terroristas que o secuestran, unha especie de Jungla de Cristal versión xuvenil. Agora non é que a lembre demasiado ben porque fai tempo que non a vexo, de feito xa estou tratando de conseguila, pero lembro que a vin moitas veces gracias a que, como dixen,a tiña gravada en VHS.
Estas películas chegaban sempre a través da televisión ou raras veces de un aluguer nun videoclube e solíamolas ver nos cumpreanos por exemplo Terminator, Robocop e as súas secuelas vinas por primeira vez nos cumpres de Carlos e Juan Luis (¡que míticos!).
Hai outro filme máis para tódolos públicos que estes que lembramos que é El Vuelo del Navegante (Flight of the Navigator,1986 Randal Kleiser), non é demasiado coñecida, nela un rapaz aparece despois de moitos anos de desaparecido, e sen medrar nin facerse vello, coma se non pasase o tempo para el, mesmo o seu irmán pequeno pasa a ser o maior. Ninguén entende nada, nin o pobre rapaz, ata que descubre unha extraña nave espacial con personalidade propia, e non sigo contando que vos destripo a película e non é o meu interés, quen a veu seguramente a recorde, por certo ten cousas en común con E.T.
Eramos novos, amantes das novas tecnoloxías e estaba a emerxer un fénomeno,
a informática, as redes de ordenadores, apareceu unha película Juegos de Guerra (War Games 1983, John Badham). Supoño que se a vemos agora inda nos botamos unhas risas, ver como un rapaz xoga as máquinas nun video xogo ultra antigo e se mete en “internet” para cambiar a nota do seu exame, e o da súa moza, como usa unha chapa de bote de refresco para chamar gratis a través dun teléfono público… Bromas a parte, a peli ten a súa intriga, e non está nada mal contada, tamén estou tratando de vela de novo inda que non sería raro que a botaran na TVG en caquera momento.
Podería seguir enumerando películas daquela época ata fartarme mesmo Star Wars que naceu no 1977 e tivo as súas secuelas en plenos oitenta inda segue de moda, e xa mencionei a E.T. e a triloxía de Indiana Jones pero inda hai máis, filmes que desfrutábamos de pequenos, nos que a violencia tampouco estaba tan mal vista, nos que os malos eran malos malísimos e cos que a nosa fantasía se deixaba levar, pero quedan moitos por mencionar algúns que son fantasía total coma Dentro del Laberinto (1986), Cristal Oscuro (1982), Tron (1982), Dune (1984), La Historia Interminable (1984), El Señor de las Bestias (1982) (grandiosa), Masters del Universo(1987), Flash Gordon (1980), Superman (1978) (que me marcou especialmente, creo que foi Superman a primeira peli que vin no cine, polo menos a primeira que lembro) e tódalas de superheroes, outras de acción pura e dura como Rambos, Rockys ou Terminators varios, como no Cortocircuito(1986) que casi a esquezo e os Gremlins (1984), Critters(1986) e demáis películas de criaturas, Alien (1979) (unha das miñas sagas favoritas), La Cosa ¡fuf! e inda hai máis, as de Disney xa máis setenteras Chity Chity Bang Bang (1968) ou as de Herbie (1975, as vellas non esa chunga de 2005). Tamén como non as series El Equipo A, Halcon Callejero, Coche Fantástico, Trueno Azul (serie e película) e a televisión patria La Bola de Cristal, Barrio Sésamo.
Perlas audiovisuais que marcaron a miña infancia, e a de algún máis, moreas de filmes que por un motivo ou outro non creo que chegue a esquecer, inda que aquí non os vou poñer todos que son moitos.
Deixo este post para avisar dun par de enlaces que engadín la columna de Blogs, un deles o de Compies un grupo de rapaces amigos meus que viven na Coruña e gañaron o primeiro premio no concurso de vídeo de Mapie da Estrella Galicia ¡6000 euros para ir de viaxe xuntos!. E outro Cousas de Pakito que é outro amigo excompañeiro de clase co que fixen un par de curtametraxes e que xa fixo unha pola súa conta ca súa flamante cámara. Visitádeos que son gratis.
Cando era ben pequeno, coido que uns 5 ou 6 anos, lanceime ao vacío dende unha altura de máis de 3 metros ca esperanza de voar, non foi así e voei pero en liña recta cara o chan, seica non me pasou nada agás que papei un susto que durmín dende ás seis da tarde ata as once da maña do día seguinte. Non comprendía nada, mesmo tiña a miña capa posta, esa que usara no entroido, pero non tiña poderes.
Nesa idade disfraceime de Superman non sei cantos entroidos seguidos, pero non podía disfrazarme doutra cousa. E foi Superman a primeira película que vin no cine, polo menos a primeira que lembro, non sei se foi iso o que me influenciou pero sempre foi un persoaxe que me gustou, e nunca lin os seus comics, nin sequera me atraen (prefiro marvel), eso si leo moito a Superlopez, do que teño tódolos seus números, que podemos dicir é a versión patria de Superman. Inda agora me fai ilusión sentir o seu anagrama no peito, fai anos cando inda non se vian as camisetas de Superman eu xa tiña unha que escarallei de tanto poñer, mesmo tiña no meu coche uns vinilos con ese logotipo (agora teño a vacaloura de lucanus), ata o meu chaveiro da chave do coche é o s de superman.
E este ano polo entroido non parei ata mercar un disfrace de Superman, aproveitando que Experi quería o de Spíderman, non vos perdades as fotos, o disfrace téñoo gardado, non descarto para nada volvelo usar.
Non sei se é fanatismo, ou que simplemente me gusta, incluso un dos meus soños recurrentes é que podo voar, e inda sigo vendo as súas películas cando teño oportunidade, desfrutei ca última que fixeron inda que botando de menos a Cristopher Reeve, xa están preparando a segunda parte Superman O Home de Aceiro espero que fagan moitas máis, das “ochenteras” fixeron ata Superman IV. O que non vexo moito é Smallville, debe ser porque o tipo nin voa, nin pon o traxe, e esta sempre chorando por Lana ¡se total xa sabemos que vai a acabar con Lois!.
E é agora cando máis desexaba ser coma el, así non estaría na casa con “la pata quebrada”.
Se me preguntaran que director é o meu favorito posiblemente non sabería moi ben que contestar, Ridley Scott (Blade Runner, 1982) sería un bo candidato, Alfred Hitchcock (Psicosis 1960) é mención obrigada, Woody Allen (Granujas de Medio Pelo, 2000) gústame cada vez máis, pero hai un, un director que non leva tanto tempo coma estes traballando pero do que coñezo a maioría dos seus traballos e me parecen impresionantes M Night Shyamalan, pode que asi non saibades claro quen é, pero se vos digo “El Sexto Sentido” (The Sixth Sense, 1999) seguro que caedes.
Que decir dun home a quen aos 8 anos lle regalaron unha super8 e aos 17 xa tiña feitos uns 45 curtametraxes caseiros. Seu nome real é Manoj Nelliyatu Shymalan, naceu na India pero trasladouse cos seus pais, ambos médicos, a EEUU, residindo en PhiladelPhia cidade que usará de escenario para moitos dos seus filmes. Formouse na Tisch Shool Of Arts de New York.

Nesta foto vémolo dirixindo a Paul Giamatti (dereita) en La Joven del Agua.
El mesmo dirixe, escribe e produce case todalas súas películas e mesmo aparece nelas en plan cameo ou metendose en papeis de personaxes secundarios de certa importancia. Ademais polo que lin del é moi esixente e perfeccionista co seu traballo, planificando ata o derradeiro detalle dos seus filmes, algo común en moitos dos mellores directores de cine.

As súas duas primeiras películas Praying With Anger,1992 na que toca os seus orixes indios e Los Primeros Amigos, 1996 na que o protagonista é un neno que busca respostas á morte do seu avo. Inda non puiden ver ningunha das dúas polo que pouco podo dicir delas e, inda que a primeira non se estreou en España, a ver se logro conseguilas.
Shyamalan traballa a historia tratando de conseguir tramas canto menos innovadoras, con xiros inesperados pero sempre cun tratamento realista e creible polo que as súas películas sempre sorprenden, comezando por ”El Sexto Sentido“ que nos deixou de pedra con ese final inesperado, e que se convertiu nun referente xa que despois da súa estrea comezaron a proliferar e poñerse de moda filmes polo estilo en plan thriller sobrenatural e psicolóxico algúns deles moi bos, pero que beben directamente do orixinal (por exemplo Los Otros, Alejandro Amenabar 2002).
Un exemplo como “El Protegido” (Unbreackable, 2000) inda que non tivo moito éxito a min paréceme moi orixinal mesmo consigue ser unha creíble historia de heroes e villanos, en “Señales” (Signs 2002) trata de contarnos unha historia de extraterrestres que invaden a terra, podemos pensar que un argumento máis que trillado, pero nela casi non se ven naves espaciais nin bichos, so unha familia que trata de sobrevivir, quédome ca secuencia na que emiten por television a primeira imaxe tomada dos invasores, unha secuencia que inda a vexo agora e me segue a poñer nervioso.
Con “El Bosque” (The Village, 2004), conta unha historia de amor en circunstancias especiais, e se o final de El Sexto Sentido é memorable, nesta tamén nos sorprende cun xiro inesperado. Inda que ten momentos de tensión e algún sobresalto eu non é un filme de terror en absoluto, se tedes dúbidas aqui deixo un enlace que vos animará a vela onde din dela que é unha “estupenda parabola sobre o poder do medo”.
“La Joven del Agua” (Lady in the Water, 2006) foi a súa última película, e teño que dicir que me encantou, é un conto de fadas para adultos, fantasía para xente madura, un xénero difícil de atopar, é unha película desas cas que un disfruta, cas que un se queda cun bo sabor de boca. Vina de novo fai pouco e sígueme a parecer excelente, inda que admito que ten un pequeno erro, está cargada con demasiados personaxes algúns innecesarios.
É curioso como nesta película Shyamalan se venga do gremio de críticos de cine introducindo coma personaxe a un crítico e ridiculizándoo, non conto máis que os destripo cousas e iso non mola.
E fun ligando cada título de cada película ás súas correspondentes críticas, xa que eu son case incapaz de dicir nada malo delas, podedes aproveitar para lelas, en moitos casos non son moi boas pero a min ségueme entusiasmando o traballo deste director. Tanto con El Bosque como con La Joven del Agua a campaña publicitaria non foi moi acertada, os trailers destas películas parecían anunciar filmes de terror cando non é así en ningún dos dous casos, si ben é certo que a Shyamalan lle gusta meter algun susto que outro nos sus filmes e cargalos dunha admosfera de suspense en certas secuencias non é unha constante ao largo de toda a cinta, mesmo nin en El Sexto Sentido, por iso penso que algunhas das suas películas non tiveron o éxito desexado, porque estaban anunciadas de xeito que atraían a un público equivocado.
Tamén parece que a este director lle gusta repetir con actores, Bruce Willis é protaconista en El Sexto Sentido e en El Protegido, Joaquin Phoenix participa en Señales e repite en El bosque con Bryce Dallas Howard, filla do director Ron Howard (El Codigo Da Vinci, 2006), que á súa vez volve aparecer como La Joven del Agua. Cabe destacar que nas películas de Shyamalan os actores fan sempre un bo traballo polo que entendo que este director sabe como sacar o personaxe de cada un dos actores cos que traballa.
A cor vermella, por algún motivo Shyamalan utiliza esta cor nos seus filmes sempre con coidado, en El Sexto Sentido está presente en escenas de tensión como cada vez que Cole, o neno, ten encontros con fantasmas en El bosque esta cor ten connotacións malignas e sobrenaturais xa que atrae aos misteriosos monstros habitantes dos bosques. E en La Joven del Agua vermellos son os ollos do animal que persique á moza. Shyamalan sempre relaciona esta cor, a cor do sangue, con algo maligno.
Quero aproveitar para avisar de que a súa vindeira película ten prevista para o 13 de xuño a súa estrea en EEUU déixovos un enlace ao trailer pero eu non o quero ver, The Happening, encántame ir ao cine sin ter nin unha mínima idea de que vai a película, de feito sen querer xa souben algo desta.

Insisto que non vin o trailer pero se o vedes non vos fiedes moito, non vaia pasar como con as anteriores películas. Penso ir vela so polo feito de ser un filme de Shyamalan, non necesito máis.
Por certo, a Shyamalan encántalle facer cameos nas súas películas: en El Sexto Sentido é o médico que atende ó neno, en El Protegido un presunto traficante de drogras, en Señales o que mata por accidente á muller do protagonista, en El Bosque o guarda que ten as medicinas que necesita a protagonista e en La Joven del Agua xa fai algo máis que un came encarnando a un dos secundarios máis importantes, un escritor que … pero non quero contar moito, é mellor vela.
Antes de entrar na escola de imaxe e son decidín que sería boa idea ter feito unha curta, polo menos por ter algo que ensinar. Aqui a deixo, para que lle botedes unha ollada e dedes a vosa opinión.
Actualmente estou a barallar novas ideas para unha curtametraxe, seguirei informando.
Déixovos aquí un enlace á web oficial da curtametraxe Alicja Wonderland na que participei como director de fotografía e operador de cámara, foi unha produción independente moi pequena, basta con ver os créditos, e rodada íntegramente en Polonia.
A idea era facer unha longametraxe de, polo menos, 90 minutos de duración pero diversos problemas de produción, entre eles económicos, non conseguimos gravar suficiente material e apenas chegamos aos 60 minutos, un tempo insuficiente para presentar a película en festivais polo que o director optou por facer unha curta duns 20 minutos que, inda que prescinde de moitas esceas que servirían para aclarar un pouco máis a trama, consigue contar unha historia interesante.
Se desexades ver a curta comunicádemo, posiblemente a proxecte no auditorio de vila de cruces pero terei que agardar a un día no que se celebren máis cousas porque ir ao auditorio por so 20 minutos algún non lle ía facer moita gracia.