3º Premio no concurso

Martes, Marzo 10th, 2009

Non contaba levar nada pero, todo hai que dicilo, a competencia non era demasiado forte, exceptuando as fotos de Rafa que poderían todas as gañadoras, xa que, fotográficamente eran as mellores e o tema tratado penso que o respetaban bastante. 

O premio foi un marco dixital co que por certo me estou pelexando xa que non son capaz de facelo reproducir vídeo é nas instruccións pon que se pode. O primeiro (unha cámara de vídeo) premio foi para, como non, unha muller, cunha foto na que se ven dous pescadores de río, un deles unha muller claro. O segundo (unha camara de fotos dixital) para Rafa cunha foto na que se vé unha rapaza nunha clase de electricidade, sendo os seus compañeiros todos homes. Inda que a que merecía o premio era unha foto dunha señora da limpeza traballando, tamén de Rafa pero claro, tratándose o tema “A Muller en Igualdade” encaixaba mas esta da futura electricista. E a miña pois é a primeira da seguinte galería, na que vemos a un home (meu pai) pasando o ferro. As outras son as fotos cas que concursei como veredes son similares, os efectos aplicados son varios que xuntos fan o chamado efecto dragan inda que non o apliquei de xeito estricto

O meu primeiro concurso fotográfico

Xoves, Marzo 5th, 2009

Hoxe participei por primeira vez nun concurso fotográfico.

O concurso está organizado polo Concello de Vila de Cruces e o tema das fotografías é “A muller en igualdade”, non vou desvelar as fotografías ata a entrega de premios pero non vai a haber que esperar moito será este domingo. Tampouco teño demasiadas esperanzas de gañar pero a ver que pasa, porque ao mellor hai baixa participación e teño sorte.

Nas fotos quixen experimentar cun efecto chamado dragan pensado especialmente para retratos inda que nas fotos que enviei non sae ningunha cara. O efecto é bastante interesante e pódense obter resultados moi vistosos, tamén e certo que agora que me fixo véxoo aplicado por todos lados.

Que grandes XGN

Martes, Xuño 17th, 2008

Aí vos deixo un par de vídeos que Guti colgou no blog de mapie de Compies para lembrar aqueles tempos de XGN, eu son o que está tras a cámara e o que montei o vídeo claro.

Non sei se está ben elexida a categoría do post (Curtametraxes) pero parécemo que é a mellor opción

Segundo traballo para Worth1000, tampouco o aceptaron

Luns, Xuño 2nd, 2008

O meu segundo intento de saír en Worth1000 tamén fracasou, esta vez porque non fixen o que pedian, Toy Swap - cambiar un obxecto cotidiano por un xoguete eu o que fixen foi meter “un obxecto cotidiano” neste caso a illa de Manhattan dentro dun xoguete que tampouco é xoguete de todo, máis ben un souvenir.

E estes son os recursos que utilicei na montaxe.

Pero non me rindo, din que á terceira vai a vencida.