Noraboa Guti
Mércores, Outubro 1st, 2008Quero aproveitar este recuncho para felicitar a un amigo polo éxito da súa curtametraxe presentada o pasado 25 de setembro na Fnac de A Coruña, a curta titúlase 18.1 e podedes coñecer máis dela neste microsite, ou no seu blog, a devandita curta inda non acadou ningún premio, que eu saiba, pero pode chegar a ser unha boa candidata en calquera festival que se digne a acollela. Non vou adiantar nada sobre a curta porque non quero destripala pero vale a pena vela, é interesante e, inda que en certos momentos o nivel de interpretación dos actores non é o desexado a curta aséntase sobre una historia interesante e con final inesperado ¿que máis pedir?.
Quero, ademais, desde este blog, facer unha pequena homenaxe a Guti, foi el quen me meteu o gusanillo polo mundo audiovisual cando fun probar sorte na Coruña e é el o que sempre me anima a realizar a miña curtametraxe o que conta comigo para este tipo de cousas e que espero siga a contar. Tamén me quero desculpar desde aqui por non ir ver a presentación na Fnac, pero cousas de traballo, xa se sabe.
Non puiden evitar facer esta montaxe, curiosa a cara de Guti, e o da gorra… hai que aprender dos grandes.









