Noraboa Guti

Mércores, Outubro 1st, 2008

Quero aproveitar este recuncho para felicitar a un amigo polo éxito da súa curtametraxe presentada o pasado 25 de setembro na Fnac de A Coruña, a curta titúlase 18.1 e podedes coñecer máis dela neste microsite, ou no seu blog, a devandita curta inda non acadou ningún premio, que eu saiba, pero pode chegar a ser unha boa candidata en calquera festival que se digne a acollela. Non vou adiantar nada sobre a curta porque non quero destripala pero vale a pena vela, é interesante e, inda que en certos momentos o nivel de interpretación dos actores non é o desexado a curta aséntase sobre una historia interesante e con final inesperado ¿que máis pedir?. 

Quero, ademais, desde este blog, facer unha pequena homenaxe a Guti, foi el quen me meteu o gusanillo polo mundo audiovisual cando fun probar sorte na Coruña e é el o que sempre me anima a realizar a miña curtametraxe o que conta comigo para este tipo de cousas e que espero siga a contar. Tamén me quero desculpar desde aqui por non ir ver a presentación na Fnac, pero cousas de traballo, xa se sabe.

gutispielberg.jpg

Non puiden evitar facer esta montaxe, curiosa a cara de Guti, e o da gorra… hai que aprender dos grandes.

A Bufanda Asasina - (2002)

Luns, Marzo 31st, 2008

Antes de entrar na escola de imaxe e son decidín que sería boa idea ter feito unha curta, polo menos por ter algo que ensinar. Aqui a deixo, para que lle botedes unha ollada e dedes a vosa opinión.

You need to a flashplayer enabled browser to view this YouTube video

Actualmente estou a barallar novas ideas para unha curtametraxe, seguirei informando.

Alicja Wonderland

Xoves, Marzo 27th, 2008

Déixovos aquí un enlace á web oficial da curtametraxe Alicja Wonderland na que participei como director de fotografía e operador de cámara, foi unha produción independente moi pequena, basta con ver os créditos, e rodada íntegramente en Polonia.
A idea era facer unha longametraxe de, polo menos, 90 minutos de duración pero diversos problemas de produción, entre eles económicos, non conseguimos gravar suficiente material e apenas chegamos aos 60 minutos, un tempo insuficiente para presentar a película en festivais polo que o director optou por facer unha curta duns 20 minutos que, inda que prescinde de moitas esceas que servirían para aclarar un pouco máis a trama, consigue contar unha historia interesante.

alicja.jpg

Se desexades ver a curta comunicádemo, posiblemente a proxecte no auditorio de vila de cruces pero terei que agardar a un día no que se celebren máis cousas porque ir ao auditorio por so 20 minutos algún non lle ía facer moita gracia.