David Horvath e os Uglydolls
Mércores, Setembro 3rd, 2008Un día, un deses días nos que un navega por tendas online sen saber que mercar, atopei uns peluches que me chamaron a atención, parecían debuxados por un neno e animeime a mercar un, un UglyDoll (boneco feo). Pero ¿que son os UglyDolls?, non son máis que unha colección de bonecos, que parecen pequenos monstros, podes atopalos en forma de peluches ou art toys incluso hai libros e camisetas o meu é Bop ‘n’ Beep (o que sae na foto, en realidade é un só pero con “dúas caras”),
estas curiosas criaturas son unha creación de David Horvath, un deseñador de Art toys, o que realmente cheguei a coñecer gracias a Checha.
Inda que este artista ten diferentes toys de éxito coma a Spider Boom, Bossy Bear ou Choco and Minty e as súas diferentes versións (de esquerda a dereita na imaxe inferior).
Os Choco and Minty vestidos de abellas tamén forman parte da miña colección pero os meus favoritos seguen a ser os UglyDolls, unha ampla variedade de monstros cada un ca súa propia personalidade e é a eles a quen decidín adicar os deseños da máquina recreativa, coma xa amosei no anterior post no que se poden ver os metacrilatos do panel de control e da marquesina iluminada, nun principio ía dedicala a Superlopez pero non me acababan de sair cousas ó meu gusto polo que decidín cambiar. 
Inda me queda facer os deseños dos laterais, escribin a David Horvath un e-mail falándolle do proxecto con imaxes de apoio pero non me fixo moito caso, supoño que lle escribirán moito, bueno, tratarei der seguir traballando, xa lle puxen o pvc dos cantos e algúns detalles máis e esta quedando bastante ben, non tardarei en subir novas imaxes.



