O Rali de Carretillas por fin en Youtube

Xoves, Marzo 31st, 2011

Si, xa sei que xa levan tempo os vídeos do Rali en Youtube pero o motivo deste post é que estreamos a canle do Rali de Carretillas. E a estrea foi cos dous vídeos que veñen a continuación.

Despois de tanto tempo sen escribir podería ter feito algo máis elaborado pero… eche o que hai meu!

Parada en Combarro

Mércores, Setembro 8th, 2010

O pasado 25 de Agosto Marta e máis eu fixemos unha parada en Combarro, un deses lugares que hai que visitar pero que como estan tan pretiño da casa sempre se deixan para máis tarde. Ben, pois ese día aproveitei para levar a miña cámara e saciar a miña fame fotográfica, e tiven sorte. Nada máis chegar, atopamos unhas barcas abandoadas polo seu dono e convertíronse nas protagonistas principais da miña pequena reportaxe.

Casco histórico de Combarro
Vista do casco histórico de Combarro.

Lancha Abandoada
Lancha abandoada no peirao de Combarro.

Amarras
Vellas amarras.

Lanchas
Lanchas abandoadas.

Enlace ao Slideshow en Flickr onde se poden ver a maior tamaño.

Noite de Lúa Chea

Xoves, Marzo 12th, 2009

Gústame mirar a lúa nas noites de lúa chea, e gústanme as noites de lúa chea, sempre penso que nos influe dalgún xeito. Hoxe puidemos desfrutar dunha magnífica lua chea e non puiden evitar sacar un par de fotos. 

Fai uns días que tomei a decisión de andar sempre ca cámara de foto no coche e hoxe xa lle saquei proveito, o malo é que non tiña una trípode a man e tiven que improvisar puntos de apoio polo que os ángulos non son os mellores, outra pega e que o obxectivo non ten demasiado zoom polo que non puiden conseguir sacala o suficientemente preto vou ter que buscar por ebay a ver se hai algun teleobxectivo barato. O que si puiden experimentar foi a velocidade de obturación e os resultados podédelos ver. A foto da rúa está lixeiramente retocada, puxen a lua un pouco máis grande e xoguei cos valores de brillo e contraste.

 

3º Premio no concurso

Martes, Marzo 10th, 2009

Non contaba levar nada pero, todo hai que dicilo, a competencia non era demasiado forte, exceptuando as fotos de Rafa que poderían todas as gañadoras, xa que, fotográficamente eran as mellores e o tema tratado penso que o respetaban bastante. 

O premio foi un marco dixital co que por certo me estou pelexando xa que non son capaz de facelo reproducir vídeo é nas instruccións pon que se pode. O primeiro (unha cámara de vídeo) premio foi para, como non, unha muller, cunha foto na que se ven dous pescadores de río, un deles unha muller claro. O segundo (unha camara de fotos dixital) para Rafa cunha foto na que se vé unha rapaza nunha clase de electricidade, sendo os seus compañeiros todos homes. Inda que a que merecía o premio era unha foto dunha señora da limpeza traballando, tamén de Rafa pero claro, tratándose o tema «A Muller en Igualdade» encaixaba mas esta da futura electricista. E a miña pois é a primeira da seguinte galería, na que vemos a un home (meu pai) pasando o ferro. As outras son as fotos cas que concursei como veredes son similares, os efectos aplicados son varios que xuntos fan o chamado efecto dragan inda que non o apliquei de xeito estricto

O meu primeiro concurso fotográfico

Xoves, Marzo 5th, 2009

Hoxe participei por primeira vez nun concurso fotográfico.

O concurso está organizado polo Concello de Vila de Cruces e o tema das fotografías é «A muller en igualdade», non vou desvelar as fotografías ata a entrega de premios pero non vai a haber que esperar moito será este domingo. Tampouco teño demasiadas esperanzas de gañar pero a ver que pasa, porque ao mellor hai baixa participación e teño sorte.

Nas fotos quixen experimentar cun efecto chamado dragan pensado especialmente para retratos inda que nas fotos que enviei non sae ningunha cara. O efecto é bastante interesante e pódense obter resultados moi vistosos, tamén e certo que agora que me fixo véxoo aplicado por todos lados.

Segundo traballo para Worth1000, tampouco o aceptaron

Luns, Xuño 2nd, 2008

O meu segundo intento de saír en Worth1000 tamén fracasou, esta vez porque non fixen o que pedian, Toy Swap – cambiar un obxecto cotidiano por un xoguete eu o que fixen foi meter «un obxecto cotidiano» neste caso a illa de Manhattan dentro dun xoguete que tampouco é xoguete de todo, máis ben un souvenir.

E estes son os recursos que utilicei na montaxe.

Pero non me rindo, din que á terceira vai a vencida.

Primeiro traballo para Worth1000

Sábado, Maio 31st, 2008

Para quen non o saiba Worth1000 trátase dunha web estadounidense na que se convocan a diario concursos de retoque fotográfico aos que chaman «Photoshop Contests», eles propoñen un tema ou ben amosan unha foto e a partir de aí a retocar e a crear.

Eu xa tiña ganas dende fai tempo de participar neste concurso, e hoxe cadrou ben. Inda que non me atopaba moi inspirado e tampouco quería coller un concurso demasiado difícil escollín Animal Clowns 2, que consiste en convertir un animal ou animales calquera en paiasos a base de retocar, non é un traballo tan fácil como parece e como veredes tampouco é que me lucira moito co traballo.

Tamén aproveitei para facer unha captura do progreso do meu traballo, resumina en menos de seis minutos inda que me levou 50 minutos (que non é moito). Bueno, aí queda o traballo, para o próximo esmerareime un pouco máis.

A complexidade está na seleccion da melena do león para separalo do fondo e cambiarlle a cor, usei a ferramenta «extraer» traballando con paciencia con esta ferramenta conséguense moi bos resultados cando se tenta seleccionar pelo. Tamén veredes que fago unha consulta ás ferramentas de idioma de google porque non teño claro se esta ben escrita a frase en ingles ¿Que é (ou que pasa ou que hai de) das hamburguesas de cebra?.
Aquí tendes un enlace ao concurso en cuestión.

 

Xa nos publicaron en La Voz de Galicia

Mércores, Abril 16th, 2008

Curiosamente publicaron a fotografía que sacamos sin contar, sin saber que ese espello estaba aí. 

Tedes que entrar en lavozdegalicia.es para acceder ás fotos, para abreviar déixovos este enlace , (www.lavozdegalicia.es, fotos, chapuzas 3).

Iremos facendo máis, para desfrute do público ademáis deixovos aquí un par de elas máis que, todavía, non se publicaron.

   

O feismo na nosa vila

Domingo, Abril 13th, 2008

Onte, sábado tarde, tomamos a decisión de arrincar co coche, cámara en man, para facer unhas cantas fotos de elementos de feismo arquitectónico no noso municipio ca fin de envialas á Voz de Galicia para que fosen publicadas nos seus álbumes fotográficos sobre estes temas, que podedes ver aquí.

Non lle adicamos moito tempo e tampouco nos movemos demasiado lonxe de Vila de Cruces (capital do municipio), pero foi suficiente para atopar diferentes aberracións arquitectonico-decorativas. Os peches de fincas a base de somieres de ferro son clásicos case que os utilizan de xeito rutinario coma se fora o máis lóxico e normal do mundo o mesmo ocorre cos corjos-bañeira, si, bañeiras de ferro convertidas en bebedeiros para o gando no noso curto percorrido chegamos a atopar ata 6 bañeiras espetadas en verdes prados.

Tamén espellos retrovisores en postes, remolques convertidos en casetos, mistura de materiais constructivos etc…. A ver cales nos meten na voz, en calquera caso probablemente fagamos algún tipo de exposición, isto so foi o primeiro «paseo» faremos máis.

¡Estou en Panoramio!

Venres, Marzo 28th, 2008

Por fin me din de alta en Panoramio, xa tiña ganas, metín xa algunhas fotos e inda quero ir metendo máis, se queredes ver as que xa metin desde aqui podedes acceder, pero déixovos un pequeno aperitivo.

Cárcere

Se vos gusta un pouco a fotografía paisaxística Panoramio é o mellor non deixedes de facerlle unha visita, poderedes visitar lugares recónditos sen ergervos da silla. Tamén a podedes ver desde google earth. Por certo xa saberedes que Panoramio foi a primeira web española comprada por Google.