Pequenos praceres #1: Talladiña de Polbo

Venres, Maio 8th, 2009

Vou inaugurar unha categoría deste blog chama “pequenos praceres” esas pequenas cousas que fan que a vida sexa máis feliz, e vouno facer cun pracer que tiven a ledicia de desfrutar onte na feira das Cruces (nas Cruces hai feira o 4 e 17 de cada mes).

Cando o día de feira o pulpeiro comeza a cocer o pulpo (e que iso de chamarlle polbo non me acaba de entrar) e sinto o arrecendo que solta éntrame a fame de súpeto entón voulle encargar unha racionciña para xantar e él, se é un bo pulpeiro, sempre ofrece unha talladiña para probar se está duro ou cocido de máis, pois trátase desa tallada, un anaco de pulpo que non leva nin aceite, nin sal, e cómelo da man do pulpeiro, ese anaco parece que ata sabe mellor que o que se come despois, e iso que eu son de botarlle bastante picante.

Non sei se será porque un o colle con fame, ou porque queda o sabor na boca mentres agardas a que cho sirvan pero a min é algo que me supera.

Día de Matanza (próximamente) -Actualizado-

Xoves, Xaneiro 15th, 2009

O título é provisional, este fin de semana toca grabación, non vou explicar moito de que vai o tema.

Mínima planificación, tocarame pelexar bastante ca montaxe…

-Actualización-

Bueno, a gravación non saleu como esperaba, fíxose de noite porque comezamos demasiado tarde por obrigas do matachín. Pero conto levar a cabo este proxecto inda que iso supoña esperar ao ano que ven á nova tempada de matanza. Paciencia.