Manifesto polos dereitos fundamentais en Internet

Mércores, Decembro 2nd, 2009

Aquí deixo o manifesto que anda a circular pola rede, gracias Barnikel (traducido por min ao Galego, descupade os posibles erros).

“Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sostible de modificacións lexislativas que afectan ao libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os periodistas, bloggers, usuarios, profesionis e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…

1.- Os dereitos de autor non se poden situar por enriba dos dereitos fundamentais dos ciudadáns, coma o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.

2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competende exclusiva  do poder xudicial. Nin un peche sen sentencia. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial – un organismo dependente do ministerio de Cultura -, a potestade de impedir ao cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.

3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, perxudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, entorpecendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.

4.- A nova lexislación proposta amenaza aos novos creadores e entorpece a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizouse extraordinariamente a creación e emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, se non de multitude de fontes diferentes.

5.- Os autores, coma tódolos traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas as súas creacións. Intentar soster con cambios legislativos a unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo entorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posible sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían buscar outro modelo.

6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, creíbles e asequibles e que se adecuen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para a fin que din perseguir.

7.- Internet debe funcionar de xeito libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.

8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, coma marco para o desenvolvemento dunha economía sostible e realista de cara ao futuro.

9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do dereito de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10.- En democracia as leis e as súas modificacións débense aprobar tras o oportuno debate público e consultando previamente a tódalas partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.”

Únete ao grupo de Facebook En defensa dos dereitos fundamentais en internet.

Máis info na Asociación de Internautas.

Preparando o IV Rali de Carretillas de Vila de Cruces

Luns, Maio 4th, 2009

Estamos a preparar o IV Rali de Carretillas de Vila de Cruces, agora mesmo estamos ca promoción da competición e preparando uns vídeos.

Ya está colgada a web www.ralidecarretillas.org desde a que, en breve, se poderán ver os vídeos e na que xa se poden ver fotografías das antigas edicións do rali. Co tempo iremos metendo a documentación deste ano pero, para quen non saiba de que vai, pode visitar a sección de Preguntas Frecuentes.

Logo do Rali de Carretillas

¡Unha boa idea!, Flocos.tv

Venres, Decembro 12th, 2008

Os galegos amantes do séptimo arte estamos de noraboa, fai uns días, o 8 deste mes concretamente, naceu Flocos.tv, unha iniciativa da Academia Audiovisual Galega ca que se pretende facilitar a promoción de producións audiovisuais galegas e facer accesible a súa visualización.

logoflocostv.jpg

Polo de agora inda ten poucas producións pero van engadindo cada pouco, ademáis pódense ver a unha calidade óptima e por suposto completas, sen cortes. Xa puiden ver Coruña Imposible, curta que me recomendaran fai tempo pero hai unhas cuantas que valen moito a pena como Auga ou as de animación que inda son so tres.

Espero que algún día poida presumir de ter algún corto meu nesta web pero, teñamos paciencia.

¡Ah!, ademáis conta cun sistema de rede social en plan facebook pero moito máis simple, se te das de alta podes poñer enlaces ás túas webs e engadir amigos moi útil para coñecer xente do ramo.

Que grandes XGN

Martes, Xuño 17th, 2008

Aí vos deixo un par de vídeos que Guti colgou no blog de mapie de Compies para lembrar aqueles tempos de XGN, eu son o que está tras a cámara e o que montei o vídeo claro.

Non sei se está ben elexida a categoría do post (Curtametraxes) pero parécemo que é a mellor opción

Gravatar, pequena aclaración para usuarios deste blog.

Mércores, Abril 16th, 2008

Vexamos, vin que varios dos que deixastes comentarios neste blog non tedes avatar. Este blog saca os avatar de Gravatar.com. O proceso é sinxelo, rexistrádesvos nesa web e subides unha imaxe, a propia páxina xa ten un sistema para axustar o tamaño da imaxe (que non pode ser de máis de 80×80).

Gravatar

Grávatar asocia a imaxe que subades a un correo electrónico, que ten que ser voso xa que enviará un mensaxe de confirmación. Cada vez que deixedes un comentario nun blog compatible con Grávatar, coma este, sairá automáticamente a imaxe que teñades asociada a ese correo-e, se tedes varios correos podedes asocialos a diferentes imaxes, ademáis se cambiades a imaxe esta cambiarase simultáneamente en tódolos sitios onde deixastes os comentarios.