2009 Ano Internacional da Astronomía

Xoves, Abril 2nd, 2009

No ano 1609 Galileo Galilei puntou por primeira vez ao ceo cun telescopio, 400 anos depois a Unión Astronómica Internacional (UAI) anunciou a declaración pola UNESCO do 2009 coma o Ano Internacional da Astronomía (IYA2009), ratificada pola ONU o 19 de Decembro de 2007 (resolución).

IYA LOGO galego

E 400 anos despois de que Galileo estrenara o seu telescopio eu tomo o seu relevo e decido adquirir un para adicar parte do meu tempo libre a observación astronómica.
O meu celestron starseeker 114

Trátase dun Celestron Starseeker 114, con montura acimutal motorizada e sistema de aliñado SkyAlign co que se apuntas a tres diferentes estrelas do ceo, e sen necesidade de saber cales son, o telescopio queda aliñado automaticamente e podes buscar entre os 4000 obxectos que ten memorizados para que o telescopio os encadre automaticamente.

Ademáis do telescopio e dous oculares que inclúe (de 25 e 11 mm) tamén conto con varios accesorios coma o filtro solar e unha lente, chamada T-Barlow, que xunto cun anel T2 pódese adaptar a nosa Nikon D50 (ou calquera Nikon) e así poder tomar fotografías dos obxectos observados.

Tamén probei a sacarlle ó Sol e mesmo tratei de sacarlle algunha a Saturno, que estes días se pode observar se miramos cara o leste pero non me quedaron ben, pode que non sexa o telescopio apropiado para fotografías tan complicadas pero seguirei intentándoo.

Irei colgando as fotografías nos meus álbumes de Picasa ou ben, na páxina Astrofotografía deste mesmo blog.

Por agora a que mellor me quedou foi esta da Lúa:

Lúa en Crecente. 1 de Abril de 2009. A miña primeira foto da LúaLúa en Crecente. 1 de Abril de 2009. A miña primeira foto da Lúa
Lúa en Crecente. 1 de Abril de 2009. A miña primeira foto da Lúa

Noite de Lúa Chea

Xoves, Marzo 12th, 2009

Gústame mirar a lúa nas noites de lúa chea, e gústanme as noites de lúa chea, sempre penso que nos influe dalgún xeito. Hoxe puidemos desfrutar dunha magnífica lua chea e non puiden evitar sacar un par de fotos. 

Fai uns días que tomei a decisión de andar sempre ca cámara de foto no coche e hoxe xa lle saquei proveito, o malo é que non tiña una trípode a man e tiven que improvisar puntos de apoio polo que os ángulos non son os mellores, outra pega e que o obxectivo non ten demasiado zoom polo que non puiden conseguir sacala o suficientemente preto vou ter que buscar por ebay a ver se hai algun teleobxectivo barato. O que si puiden experimentar foi a velocidade de obturación e os resultados podédelos ver. A foto da rúa está lixeiramente retocada, puxen a lua un pouco máis grande e xoguei cos valores de brillo e contraste.