¡Vaia desfeita!

Mércores, Maio 7th, 2008

Xa a desfixen, ata onde puiden. A maquina está completamente despiezada, o moble non o vou seguir desfacéndo máis que nada porque non podo, as táboas estan pegadas entre si, non hai clavos nin parafusos á vista polo que terei que pintala sen desmontala antes, non me parece difícil, lixando ben as superficies que queden á vista e repintando con tino de non deixar zonas sen pintar debería quedar ben, mesmo mellor que se se pintaran por separado.

A temática que escollín para a máquina non a vou desvelar todavía pero penso vai gustar, unha pista, a cor predominante é o azul…

Ao panel de control metereille 6 botóns por xogador, ademáis de 5 botóns nos laterais para os xogos de pinball, 5 botóns de control do emulador é os 2 botóns de un e dous xogadores, ademáis poida que meta un botón para os créditos ao lado do monedeiro ou ben faga funcionar o monedeiro pero iso non e prioritario todavía.

A distribución dos botóns orixinais da máquina é bastante mala pero seguirei un pouco a idea que usou Lord Hiryu na súa “Hugo´s Olympic”, que é o mesmo modelo ca miña, hai que aprender dos profesionais.

Xurdiu un pequeno problema mentres facía o despece, escarallei o monitor que traía a máquina, funcionaba máis ou menos ben (salvo un lixeiro desenfoque) polo que non me queda outra que conseguir unha TV dese tamaño (25 pulgadas) e adaptala á máquina pero bueno, pouco a pouco.

As pezas, algunhas lixo, outras gardareinas de recordo e outras reutilizareinas. Impresionante a cantidade de porquería que tiña a máquina dentro

Comeza o traballo

Luns, Abril 28th, 2008

Aquí vos deixo a primeira imaxe da recreativa sobre a que levarei a cabo a tarea de restauración, tamén teño xa o pc sobre o que xa instalei os xogos. Agora toca pedir o J-Pac, a placa que servira de unión entre o pc e a recreativa.

Hoxe xa lle metín ganas a Marcos (o de Raul), comecei a falarller do tema, e el a lembrar xogos e a motivarse e o final o pobre quedou con máis ganas ca min de ver a maca* rematada.

Polo que puden comprobar o máis delicado e o tema da alimentación dos dispositivos, teño que lograr que o mesmo interruptor encenda todo e non parece demasiado fácil, sorte que coñezo bastante xente que controla de electrónica a ese nivel, mesmo a meu pai seguro que lle parece unha perogrullada, bueno, seguirei informando.

Por certo, inda non sei cal será a tematica-imaxe da maca, a ver que se me ocorre, ¡dádeme ideas!. Como xa comentei o ideal e inventarse, ou non, un xogo e dedicar a maca a este.  

 

*Maca: É un coloquialismo, é un xeito de chamar ás máquinas recreativas, aquí vos deixo un pequeno enlace a un glosario relacionado co tema.