O Equipo B

Mércores, Decembro 3rd, 2008

 

Unha coñecida entidade bancaria galega publicou estes folletos para promocionar os seus plans de pensións, utiliza a imaxe do Equipo A para darlle sentido a o seu eslogan “Encántame que os plans saian ben”, pero, supoño que por falta de cartos, non puideron contar con imaxes do equipo A real polo que non se cortaron un pelo e colleron a Manolo o conserxe e ó porteiro da discoteca do lado a un déronlle un puro e a outro quitáronlle a camisa e aplicaronlle un novo corte de pelo, unha sesion rápida de fotos por aquí, un render rápido da mítica furgoneta e listo.
equipob.jpg

Non entendo a que clase de freak se lle ocorreu semellante chapuza xa que quen non coñeza ao equipo A e que Hanibal soía dicir esa frase despois de cada misión non lle atopará ningún sentido, e quen si os coñeza darase conta, non so de que Hannibal e M.A. non son os que saen na foto, se non que inda reirá un cacho da tremenda chapuza, de feito seguro que en principio a idea era so poñer ao conserxe pero déronse de conta de que se entendía inda menos o chiste e engadiron o “fast 3d” e ao porteiro.

Polo menos podían esforzarse un pouco nos recortes porque vaia despiste:

erro_equipob.jpg

Bueno, espero tardar en voltar a atopar chapuzas coma esta, inda que hai unhas cuantas, e non so por aquí, as veces visito www.photohopdisasters.com e boto unhas risas.

Segundo traballo para Worth1000, tampouco o aceptaron

Luns, Xuño 2nd, 2008

O meu segundo intento de saír en Worth1000 tamén fracasou, esta vez porque non fixen o que pedian, Toy Swap - cambiar un obxecto cotidiano por un xoguete eu o que fixen foi meter “un obxecto cotidiano” neste caso a illa de Manhattan dentro dun xoguete que tampouco é xoguete de todo, máis ben un souvenir.

E estes son os recursos que utilicei na montaxe.

Pero non me rindo, din que á terceira vai a vencida.

Primeiro traballo para Worth1000

Sábado, Maio 31st, 2008

Para quen non o saiba Worth1000 trátase dunha web estadounidense na que se convocan a diario concursos de retoque fotográfico aos que chaman “Photoshop Contests”, eles propoñen un tema ou ben amosan unha foto e a partir de aí a retocar e a crear.

Eu xa tiña ganas dende fai tempo de participar neste concurso, e hoxe cadrou ben. Inda que non me atopaba moi inspirado e tampouco quería coller un concurso demasiado difícil escollín Animal Clowns 2, que consiste en convertir un animal ou animales calquera en paiasos a base de retocar, non é un traballo tan fácil como parece e como veredes tampouco é que me lucira moito co traballo.

Tamén aproveitei para facer unha captura do progreso do meu traballo, resumina en menos de seis minutos inda que me levou 50 minutos (que non é moito). Bueno, aí queda o traballo, para o próximo esmerareime un pouco máis.

A complexidade está na seleccion da melena do león para separalo do fondo e cambiarlle a cor, usei a ferramenta “extraer” traballando con paciencia con esta ferramenta conséguense moi bos resultados cando se tenta seleccionar pelo. Tamén veredes que fago unha consulta ás ferramentas de idioma de google porque non teño claro se esta ben escrita a frase en ingles ¿Que é (ou que pasa ou que hai de) das hamburguesas de cebra?.
Aquí tendes un enlace ao concurso en cuestión.