A punto de caramelo
Sábado, Outubro 25th, 2008Xa queda pouco para rematar a dichosa recreativa, ten o monitor de 25 pulgadas xa instalado e tanto a imaxe e o son funcionan perfectamente.
Tal e como conectei o audio poderei utilizar a recreativa coma unha tv no futuro, queda conectar o sistema eléctrico, a luz e pegarlle os últimos vinilos decorativos polo que a seguinte imaxe que suba xa sera a máquina finiquitada.
Inda teño un pequeno problema co vídeo nalgúns xogos (de feito en varios xogos que son bastante importantes) pero conto arranxalo co novo pc que doou Checha para a causa e a quen aproveito para agradecerllo.
Aquí vedes ao meu pai, a quen tamén agradezo o traballo e tempo que adicou á máquina, o meu irmán de “Beta Tester” e ao meu socio e amigo Antonio.






Xa a desfixen, ata onde puiden. A maquina está completamente despiezada, o mobl










