S.D. Cruces - 25 Anos de Historia

Mércores, Decembro 23rd, 2009

E sigo a sacar vídeos do baúl dos recordos, aquí deixo o documental que realizamos no 25 aniversario da Sociedade Deportiva Cruces, o equipo de fútbol afeizoado de Vila de Cruces. Para facelo axudoume Gonzalo Brea, meu primo, de quen saíu a idea de facelo. Nel podemos escoitar, entre outras, as verbas de Don Nicolás, que xa nos deixou pero a quen non esquecemos. Adicado aos nostálxicos do “Cruces”

Reportaxe Galo de Curral 2005

Sábado, Decembro 5th, 2009

Aquí vos deixo a reportaxe realizada na “XII Festa Gastronómica do Galo de Curral” celebrada o 29 de Maio de 2005 en Vila de Cruces. Este foi o derradeiro ano, ata agora, que fixemos a reportaxe do galo, e foi o máis profesional.

César Gómez “Checha” actúa coma reporteiro nesta realización multicámara con Césa Brea, Xavier Leiro e Pablo Aldrey coma cámaras xunto comigo, Sergio Mella, que fago de cámara e montador. Aquí deixo a lista de reproducción (4 vídeos).

Reportaxe Galo de Curral 2004

Sábado, Decembro 5th, 2009

Este é o vídeo-reportaxe do Galo de Curral de Víla de Cruces realizado na “XI Festa Gastronómica do Galo de Curral” celebrada o 30 de Maio de 2005 en Vila de Cruces. Coma nos anteriores, eu, Sergio Mella, cámara e montador e César Gómez “Checha”, reporteiro dicharacheiro.
É máis curto que os outros e a calidade de video non é optima porque daquela liábame cos formatos de vídeo. Aí tedes a lista de reproducción (2 vídeos).

Reportaxe Galo de Curral 2001

Martes, Decembro 1st, 2009

En Maio de 2001, Checha máis eu decidimos facer un video-reportaxe ao estilo “Caiga Quien Caiga” durante a Festa do Galo de Curral e, despois de oito anos, decidín subilo a Youtube e aquí o tedes, esta partido en dous anacos pola limitación de 10 minutos de Youtube o que deixo aquí é unha lista de reproducción, o seguinte vídeo reproducirase automáticamente. Non sexades moi esixentes, eramos novatos tanto o cámara coma o reporteiro (e o montador…)

Que grandes XGN

Martes, Xuño 17th, 2008

Aí vos deixo un par de vídeos que Guti colgou no blog de mapie de Compies para lembrar aqueles tempos de XGN, eu son o que está tras a cámara e o que montei o vídeo claro.

Non sei se está ben elexida a categoría do post (Curtametraxes) pero parécemo que é a mellor opción