Nova entrada en Worth1000

Martes, Novembro 25th, 2008

Din que a terceira vai a vencida, por fin logrei que Worth1000 aceptara un dos meus traballos e aquí o tedes.

Younger Mr T

Esta vez concursei para tratar de ensinarlle un pouco como vai o tema a Uxio, o meu compañeiro de traballo, entramos en Worth1000, miramos os concursos abertos nese momento e despois dun par de dúbidas escollemos Fountain of Age (A Fonte da Idade) un concurso no que escolles un persoaxe famoso e lle cambias a idade, nos escollimos a Mister T, bueno, M.A. e optamos por facelo máis novo.

O resultado non é demasiado bo, como podedes comprobar, na foto orixinal Mr T di «u» e o neno esta sorrindo o ideal seria atopar a foto dun neno dicindo «u» pero non o demos atopado, ademais tiñamos pouc tempo polo que escollemos o rapaz rindo, o efecto queda bastante cómico e en Worth1000 déronnos un 5,8 ¡aprobado!, o seguinte traballo temos que tratar de facelo para facer podio polo menos. Ademáis nesta web a xente comenta e critica os teus traballos, as críticas soen ser boas e algunhas comentan pequenos erros como por exemplo a orella esquerda que esta colorada ou que deberia de haber máis sombras sobre o colar.

Aqui queda un vídeo do proceso, en tempo real foi algo máis dunha hora e media.

Segundo traballo para Worth1000, tampouco o aceptaron

Luns, Xuño 2nd, 2008

O meu segundo intento de saír en Worth1000 tamén fracasou, esta vez porque non fixen o que pedian, Toy Swap – cambiar un obxecto cotidiano por un xoguete eu o que fixen foi meter «un obxecto cotidiano» neste caso a illa de Manhattan dentro dun xoguete que tampouco é xoguete de todo, máis ben un souvenir.

E estes son os recursos que utilicei na montaxe.

Pero non me rindo, din que á terceira vai a vencida.

Primeiro traballo para Worth1000

Sábado, Maio 31st, 2008

Para quen non o saiba Worth1000 trátase dunha web estadounidense na que se convocan a diario concursos de retoque fotográfico aos que chaman «Photoshop Contests», eles propoñen un tema ou ben amosan unha foto e a partir de aí a retocar e a crear.

Eu xa tiña ganas dende fai tempo de participar neste concurso, e hoxe cadrou ben. Inda que non me atopaba moi inspirado e tampouco quería coller un concurso demasiado difícil escollín Animal Clowns 2, que consiste en convertir un animal ou animales calquera en paiasos a base de retocar, non é un traballo tan fácil como parece e como veredes tampouco é que me lucira moito co traballo.

Tamén aproveitei para facer unha captura do progreso do meu traballo, resumina en menos de seis minutos inda que me levou 50 minutos (que non é moito). Bueno, aí queda o traballo, para o próximo esmerareime un pouco máis.

A complexidade está na seleccion da melena do león para separalo do fondo e cambiarlle a cor, usei a ferramenta «extraer» traballando con paciencia con esta ferramenta conséguense moi bos resultados cando se tenta seleccionar pelo. Tamén veredes que fago unha consulta ás ferramentas de idioma de google porque non teño claro se esta ben escrita a frase en ingles ¿Que é (ou que pasa ou que hai de) das hamburguesas de cebra?.
Aquí tendes un enlace ao concurso en cuestión.